
Departamento de Música IES Beade
A MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN (A RADIO)
MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:
A radio.
Medio de comunicación baseado na emisión e recepción de son mediante a transmisión de ondas electromagnéticas. Durante o último cuarto do século XIX e os primeros anos do XX, os descubrimentos de distintos enxeñeiros e inventores permitiron desenvolver a tecnoloxía necesaria para orixinar este novo medio de comunicación. Entre eles están Heinrich Hertz (descubridor das ondas hertzianas), Nikola Tesla (creador da primeira transmisión de radio) e Guglielmo Marconi (quen realizou un primeiro sistema de radio de 2 Km. de alcance).
Neste vídeo podes velo: Fai click aquí para velo
EEUU e Arxentina foron os países que primeiro empezaron a realizar emisiones radiofónicas regulares a partir de 1920. En un breve espazo de tempo as emisoras empezaron a medrar en número e a proliferar por outros países.
O 14 de novembro de 1924 Radio Barcelona empeza a emitir en España e logo farao Radio España en Madrid.
Algunhas características:
-
Emprega elementos sonoros: voz, música, efectos sonotos e silencio. É unisensorial. Por tanto precisa:
-
Voz clara, intelixible e precisa na dicción. Tamén debe ser suxerente, emotiva.
-
-
Conecta personal e directamente co oínte. Crea a "ilusión" de que o locutor fala "directamente e íntimamente" con cada individuo da súa audiencia.
-
a mensaxe vólvese íntima e particular
-
ten gran poder suxerente, imaxinativo. O oínte recrea na súa mente o que escoita.
-
-
Ten un senso temporal continuo e inmediato. Polo menos na radio "tradicional", a comprensión da mensaxe se realiza en presente (sen opción a repetición ou revisión). Isto aconsella que na radio se practique:
-
Brevidade na mensaxe que evite exceso de información
-
Sintaxis breve, oración curtas.
-
Repetición de datos para unha mellor comprensión.
-
Evitar silencios, en favor de música ou medios sonoros como elementos estruturadores.
-
-
Variedade de contidos.
-
Debates, entrevistas, tertulias, reportaxes, crónicas, programas musicais…
-
-
Compaxinable con outras actividades.
Música na radio:
Este elemento pode aparecer:
-
Empregado como elemento estruturador, recheo de ocos de vacío de palabra. Pode sinalar o inicio e final dun programa ou esparzo radiofónico; separar seccións dentro dun programa.
-
Contido de certas emisoras ou programas.
Inicialmente a música interpretábase ao vivo, de tal xeito que as emisoras de radio tiñan que dispor de orquestras ou conxuntos instrumentais así como sistemas de gravación e reproducción do son solventes e ben preparados. As emisoras ou cadenas de radio potenciaron necesitaban equipos de son de alta calidade e favoreceron a creación de orquestras ou conxuntos instrumentais os que recorrer para ambientar musicalmente os seus programas. Os grandes estudos e laboratorios musicais estarán vencellados as Radios que serán ademáis os grandes difusores da música.
A radio musical é aproximadamente o 50% da emisión radiofónica.
Funcións da música na radio:
-
Elemento estrutural:
-
Sintonía dos programas (inicio-final)
-
Recheo de ocos de locución.
-
Marca distintos espazos ou seccións do programa
-
-
Ambientación (suxire, sitúa)
-
Localización espacial (realista ou non)
-
Localización temporal (pasado/presente/futuro/atemporal)
-
-
Reforzo emocional:
-
Reforza sentimentos, emocións, efectos sicolóxicos.
-
Crea un clima de reflexión para o oínte.
-
As veces emprégase o silencio con estes fins
-
Radiofórmulas:
En principio un tipo de programación que se caracteriza por incluir contidos similares entre si nunha grella diaria única. As emisoras que poseen este tipo de programación tamén se coñecen como "radioformula". Polo xeral, son musicais e de estilo "pop-rock" e teñen un esquema formal básico, que se repite durante todo o día. Este formato segue o concepto anglosaxón “hot-clock”, que se basea en que a certa hora soe unha determinada canción (p. ex. o número 1 dunha listase de éxitos). Non obstante, a denominación de radio fórmula tamén se aplica a emisoras sen esquema de listase de éxitos e repetición periódica de cartas cancións.
As súas orixes remóntanse a 1950, cando a cuota de oíntes de radio baixou precipitadamente ante a competencia da televisión en Estados Unidos e crearon un formato innovador para recuperar a grande masa perdida.
Sen embargo, o musical non é o único tema posible das radiofórmulas, senón que hai tamén emisoras dedicadas a outros temas como os deportes, os informativos ou a saúde.
Algo semellante á radiofórmula é a radio temática: emisoras cuxa programación trata exclusivamente sobre unha materia xenérica (economía, deportes, música clásica, relixión…) pero utiliza unha variedade de formatos radiofónicos (reportaxes, informativos, debates, retransmisións de acontecementos, etc...).
As radios públicas vs. comerciais
O seres humanos teñen o dereito a estar informados. Os estados debería garantir que a súa cidadanía estea informada e comunicada dun xeito veraz e obxectivo a través dos medios de comunicación. Con este fin deberían estar concebidas as radios públicas. Por exempolo: persoas que residen ou traballan por diferentes motivos lonxe do seu país, teñen dereito a estar informados/as do que acontece no seu lugar de orixe. Por iso (entre outras cousas) existen os medios de comunicación públicos. En principio, un servicio público como pode ser unha radio ou unha televisión pública debe estar financiada a través de impostos, e presupónselle independencia e autonomía, sendo libre de expresarse (dende a argumentación e a veracidade) incluso con opinións de signo contrario ou discrepante co goberno do seu propio estado.
As radios “comerciais” son empresas privadas cuxos intereses son máis económicos que informativos ou divulgativos. Boa parte da financión destas emisoras ven da publicidade, é dicir, outras empresas ou compañías que pagan ou patrocinan a estes medios de comunicacóin ou aos seus programas. Esta circunstancia pode influir no enfoque dos contidos de este tipo de radios xa que non é previsible que entren en conflicto cos intereses dos seus patrocinadores.
No que se refire á música, é moi frecuente que compañías discográficas, promotoras musicais, representantes de artistas, etc... busquen posicionar os seus productos neste tipo de radios (ademais das públicas). É habitual que a maior presencia de certos artistas ou cancións nestas emisoras dependa do maior investimento dediquen discográficas, prormotores, representes... en tales radio.
Os locutores de radios musicais comerciais adoitan amosarse enfáticos e entusiastas con aquilo que emiten nos seus programas enchendo de gabanzas e eloxios as cancións e músicos/as que difunden. Noutras radios, os locutores son máis obxectivos nas súas intervencións ou presentacións da música e exercen un labor máis enfocado á crítica, información ou comentario.