
Departamento de Música IES Beade
A MÚSICA NO CINE
Os irmáns Lumière estrean o invento do cinematógrafo o 28 de decembro de 1895 en París coa proxección “Saída de obreiros da fábrica” e “O regador regado”. En España Eduardo Jiménez grava en 1896 “Saída de misa de doce del Pilar”.
Inicialmente o cine era un formato unicamente visual e carente de cor. Amosaba imaxes en movemento proxectadas sobre unha superficie vertical. Era o que se coñece como cine mudo (ou silente) en branco e negro. A interpretación dos actores e actrices era moi esaxerada, sobreactuada ou histriónica xa que carecían do recurso da voz ou a palabra para expresarse.
En 1927 estréase "El cantor de jazz", considerada unha das primeiras películas sonoras da historia. Enlace da película: https://www.youtube.com/watch?v=BOINlrUerEM
A incorporación do son nesta película ten especial importancia xa que nela inclúense números musicais. Podemos dicir que co nacemento do cine sonoro, nace tamén o cine ou comedia musical.
A sonorización do cine fará que o xeito de actuar cambie, naturalizándose a interpretación dos personaxes. Tamén cobrará maior importancia a voz dos actores e actrices xa que se convertirá nun recurso e vehículo de expresión máis.
Nun principio o visual e o sonoro irían en soportes diferentes (a película onde estaban as imaxes e, por outra banda, un disco onde se gravaba o son). Tiñan que sincronizarse para unha correcta reproducción. Posteriormente o audio e o vídeo estarían xa nun mesmo soporte.
A BANDA SONORA
Non debemos entender banda sonora únicamente como aquel conxunto de composicións musicáis que soan como fondo ou acompañamento musical dos acontecimientos amosados nunha obra cinematográfica.
Dentro do concepto de banda sonora inclúense:
Elementos da banda sonora
-
Diálogos: sonido directo de diálogos. Son gravados directamente na rodaxe.
-
Dobraxe: reemplaza, corrixe ou engade elementos ao rexistro de son directo.
-
Efectos de sala: engade efectos de reverberación, eco, compresión, panoramización, etc... moi eficaces para dar verosimilitude ao audio da proxección.
-
Efectos especiais: recrean sons que non se captan na rodaxe (explosións, disparos., detonacións...)
-
Música de ambientación: o que coñecemos coma “banda sonora”.
Centrémonos pois na música de ambientación.
A música, como elemento da banda sonora está estreitamente relacionada coa imaxe e ao servizo da narración. pode desempeñar varias funciones, as cales podríamos resumir en:
Algunhas das funcións da música no cine:
-
Crea atmósfera: sitúa o narrado nunha época e/ou un lugar.
- Explo1: https://youtu.be/2Yfuo-VomlY Género Western (oeste de norteamérica, séc. XIX) “O bo, o feo e o malo” de Ennio Morricone.
- Explo2: http://www.youtube.com/watch?v=wx4BnJ9YQoI Películas sobre el Imperio Romano (Antigüidade, territorios ocupados polo imperio) “Ben Hur” de Miklos Rozsa
-
Crea efectos psicolóxicos: reforza emotivamente a acción en pantalla.
-
Explo1: http://youtu.be/v1UJE2OXefE . Xénero thriller (misterio, intriga, tensión) “Psicose” de Bernard Hermann.
-
Explo2: http://youtu.be/6PQmyT_HEbw Xénero comedia cine mudo (presa, urxencia, persecución) “O home mosca”
-
O seguinte vídeo amosa o poder que ten a música de ambientación á hora de crear un efecto psicoloxico no espectador: https://youtu.be/Xl2lqBonAk0
-
Crea estrutura: serven de fondo musical para encher ocos, vacíos ou momentos que na trama non presentan diálogo ou outro tipo de elemento sonoro. Tamén poden reforzar ou apoiar recursos como saltos no tempo, elipses, cambios de emplazamento da acción, titulos de crédito (iniciais e/ou finais).
-
Explo1: http://youtu.be/lSzk63DtXMs Títulos de crédito.
-
Músicas prestadas
Frecuentemente as bandas sonoras recorren a composicións xa comportas, e moitas veces moi coñecidas. Estas poden ser:
-
Clásica: Faise dende os inicios do cine sonoro. Mención especial merecen películas adicadas a compositores clásicos.
-
“Amadeus” (película sobre a vida de W.A. Mozart que inclúe obras dese autor.) https://www.youtube.com/watch?v=3glswAQNR7c
-
“Farinelli” (película sobre a vida do célebre castrato): https://www.youtube.com/watch?v=TqdFoRjL1Bk
-
-
Popular: fenómenos non so musicais senon sociais coma Elvis Presley ou The Beatles convirten a súa música en algo de grande interese e atracción. A isto únense factores coma o movemento hippy, e toda unha serie de convulsións sociais que aunaron acontecementos musicais ao seu redor. Éxitos pop poden facer interesante en sí mesma a unha banda sonora sen necesidade de ter mucha adecuación coa trama ou acción.
Explo: https://www.youtube.com/watch?v=HLQ1cK9Edhc
Elementos para a análise da banda sonora musical
Segundo a relación música-imaxe:
-
Música diexética: na imaxe aparece a fonte de son que se escoita.
-
Música extradiexética: a música non ten a súa fonte de son no que vemos na pantalla. É a verdadeira música de ambiente.
-
Hai quen fala tamén de música metadiexética, que sería aquela que escoita únicamente un personaxe, pero que os outros non poden escoitar (porque, por exemplo, sae a través duns auriculares).
Exemplos: https://www.youtube.com/watch?v=JQM1xTVu8Us
Non confundir con música ou son en campo ou fóra de campo: https://www.youtube.com/watch?v=qpepm7hr970
Segundo a relación música-mensaxe visual:
A cultura cinematográfica ten creado uns clichés ou tipos de música e arquetipos que asociamos a certas situacións.
-
Música converxente: a música “empatiza” co sentimento ou ambiente da escea. Normalmente búscase adecuación entre o que se proxecta en pantalla e o que se escoita: por exemplo, esceas de persecución de coches e música rítmica, rápida e trepidante
-
Música diverxente: non existe esta adecuación. Escea de asasinato en "O silencio dos cordeiros" ambientada coas "Variacións Goldberg" de J.S. Bach.
Segundo a colocación da música na montaxe:
-
Bloque xenérico: títulos de crédito
-
Bloque secuencia: música que ambienta toda unha secuencia.
-
Bloque transición: música que sirve para unir esceas.
Segundo o plano de volume da música:
Ademáis de analizar se a música ocupa:
-
Primeiro plano: a música destaca sobre a imaxe ou sobre os diálogos
-
Plano secundario: a música é un fondo sonoro ao servizo da imaxe e diálogos.
Cómpre tamén analizar que lugar ocupa cada elemento da banda sonora (diálogos, efectos de son, música, etc...) ao longo do relato audiovisual.
BREVE EXPLICACIÓN SOBRE A EVOLUCIÓN DA MÚSICA NO CINE
Cine mudo: a música acompañaba en directo a proxección das películas nas salas. Seriva para amenizar, complementaban á imaxen e ademáis disimulaban o ruido de fondo do proxector na sala. Un solista ou pequena orquestra interpretaban obras clásicas catalogadas segundo foran axeitadas á narración. Tamén haberá autores clásicos que puntualmente adiquen a súa creación a compoñer música para cine (Satie, Hindemith…)
Os inicios do cine sonoro: En 1927 "O cantante de jazz" convirtiese nunha das primeiras películas sonoras tendo o atractivo engadido de incluir números musicais (http://youtu.be/UYOY8dkhTpU). Inicialmente música e imaxe estaban en distintos soportes sincronizados. Posteriormente incorpórase a música á cinta cinematográfica. En principio, a música que se emprega serán pezas clásicas que se toman prestadas para distintos momentos do filme, excepto nos títulos de crédito inicial e final que adoitan ser composición orixinais creadas a propósito para a película. Logo, as composicións orixinais tamén se incorporan ao decurso da película.
Empezan a xurdir compositores especializados en música para cine. Max Steiner é un bo exemplo: “Foise co vento” ("Gone with the wind"): http://youtu.be/ZJafwXXIkeA . A música da banda sonora concíbese nunha especie de sinfonía destacándose un tema que será o máis recordado e créase un leitmotiv para identificar cada personaxe importante ou situación da trama. O final adoitaba ser grandioso, cun posible engadido na música dos títulos finais.
O cine musical comezará a asentar as súas bases como xénero. Destaca a parella composta polo actor e actriz Fred Astaire e Ginger Rogers: http://youtu.be/mxPgplMujzQ
A época dourada de Hollywood: 1940’ – 1950’. Lógranse grandes avances técnicos visuais e sonoros. No visual aparece o cinemascope, sistema que ensancha a pantalla e fai máis uso da cor. No aspecto sonoro emprégase a estereofonía (panoramización de elementos musicais con diferente presencia na canle esquerda e dereita do audio). Tamén se incorpora unha triple banda sonora que contén o ruido ambiental, a música e os diálogos en versión orixinal (que é a única parte que se altera ao doblarse a outro idioma). Outórgase maior importancia aos títulos de crédito e á música que os acompañan. Incorpóranse cancións (con texto, con letra) non só instrumentais. O jazz tamén ten cabida. É tempo das grandes producións cinematográficas.
“Cumbres borrascosas” de Alfred Newman: http://youtu.be/sQn50nmt4mA
“Ben Hur” de Miklos Rozsa: http://youtu.be/Z9ttIRaHcXs
“Psicose” de Bernard Hermann: http://youtu.be/v1UJE2OXefE
O cine musical: Gene Kelly segue a estela da etapa anterior que protagonizaran Fred Astaire e Ginger Rogers. https://youtu.be/4wKB2G6DQYc
Novas influencias: 1960’ – 1970’. As músicas empregadas nas películas veranse influenciadas pola música lixeira, o pop e o rock que tan en auxe estarán nestas décadas.
Henry Mancini: http://youtu.be/EUO34CiTA4o “Almorzo en Tiffany's”
Nino Rota: https://www.youtube.com/watch?v=40OZYhttpIE (un dos temas principais) Banda sonora completa de “O Padriño”: https://youtu.be/3UO_OVQIzHY
Ennio Morricone: http://youtu.be/29FndOW2w1E “A morte tiña un prezo”
Maurice Jarre: http://youtu.be/HRU5cM-5jlw “Doctor Zhivago”
John Barry: https://www.youtube.com/watch?v=hs8uYxTJ530 “So se vive dúas veces”
En España destaca a figura de Antón García Abril: http://youtu.be/-fXwJEttlXM serie de TV “Curro Jiménez”
O cine europeo comeza a ter maior presenza convivindo co norteamericano. Aparecerán compositores franceses, británicos, italianos e españois, que alcanzarán unha dimensión internacional.
A finais da década dos 60 van desaparecendo bandas sonoras orixinais, que serán sustituidas por músicas prestadas (éxitos do momento) sen necesariamente conexión co argumento ou escenas da película.
O cine musical: destacaremos o feito de que se adaptan ao cine obras importantes procedentes do teatro musical (Broadway):
-
“West side story” de Leonard Bernstein: http://youtu.be/YhSKk-cvblc (é unha adaptación de “Romeo e Xulieta” a tempos más actuais ambientado entre pandillas de inmigrantes asentadas en Estados Unidos)
-
“My fair Lady” de Frederik Loewe: http://youtu.be/uNgsAcSJdAg
Nestas películas conséguese unha máis sólida unión entre o desenvolvemento dramático da trama e os números musicais.
Outros exemplos desta época:
-
Bob Fosse: “Cabaret” (http://youtu.be/5QS1l1mSDSo), “All that jazz” (http://youtu.be/6rv4IvjaC78)
-
Andrew Lloyd Weber: "Jesucristo Superstar" (http://youtu.be/sF2lwwxoQNU)
Fin de século 1980’ - 1990': Novas melloras técnicas permiten unha maior explotación da banda sonora (sistema Dolby [reducción de ruídos], son envolvente).
Atoparémonos con dúas correntes opostas:
a) - un concepto clásico, sinfonista. Sonoridade clásica frecuentemente usada en grandes producciones que buscan unha ambientación musical heroica, grandiosa...
b) - outro que emprega a electrónica e os sintetizadores. Buscan crear unha sonoridade contemporánea, sofisticada.
a) Novos sinfonistas:
- John Williams:
-
“Star wars”: http://youtu.be/sFvQOc4xS2k, http://youtu.be/-bzWSJG93P8
-
“Indiana Jones”: http://youtu.be/-bTpp8PQSog
-
“Superman”: http://youtu.be/e9vrfEoc8_g
b) Música electrónica:
- Vangelis:
-
“Carros de fuego”: http://youtu.be/u6GiDC2bx40
-
“Blade runner”: http://youtu.be/RScZrvTebeA
Como exemplo de autor versátil que combina obras de ambas tendencias temos a Jerry Goldsmith.
-
“Total recall” (“Desafío total”): http://youtu.be/xjts5DrcdiU
-
”Gremlins”: http://youtu.be/HQgyePQz62o
Outra tendencia serían autores de estilo minimalista (reducen os temas musicais e o adorno orquestral á mínima expresión); ou de estilo new age (música xeralmente instrumental ambiental que aspira frecuentemente a crear estados de ánimo de placidez, bienestar…)
-
“O exorcista”: Mike Oldfield: http://youtu.be/04EShclPAa0
-
“O piano”: Michael Nyman: http://youtu.be/-vWNhq0ftEs
O cine musical pola súa banda retoma o musical clásico e ténta integrar nese xénero a actores populares a modo de “gancho” ou reclamo cara a recadación da taquilla.
-
“Moulin rouge”: http://youtu.be/YFjVu6yOBWA
-
“Evita”: https://youtu.be/l1sIChozMec
O novo milenio:
Entre os grandes compositores de bandas sonoras no século XXI segue destacando John Williams. Tamén están Hans Zimmer (Gladiator), Howard Shore (O señor dos aneis).