top of page

RENACEMENTO

CRONOLOXÍA

 

A fin da Idade Media normalmente establécese a mediados do séc. XV. É nese momento no que comeza a Idade Moderna. O Renacemento será o movemento artístico que aparece nos inicios desta nova etapa histórica. Hai toda unha serie de feitos históricos que marcan este cambio:

- A aparición da imprenta (entre 1440 - 1450 aprox.).

- A caída de Constantinopla (derradeiro vestixio do Imperio Romano) a mans do imperio otomano (1453).

- Os grandes descubrimentos xeográficos (descubrimiento de América, entre outros, en 1492).

A imprenta é un descubrimiento que permitirá a difusión da cultura cunha rapidez e alcance nunca visto antes. Fomentará a alfabetización e favorecerá a internacionalización do saber, a arte e o coñecemento.

A caída de Constantinopla (actual Estambul), supuxo a toma por parte do Imperio Otomano dun dos últimos centros culturais que preservaban o saber da antigüidade clásica (grega e romana). Os pensadores, filósofos, e persoas relacionadas coa cultura, fuxiron de alí cara a occidente, especialmente á zona da actual Italia.

Por último, o descubrimento de novos territorios fai que se consolide unha visión máis completa do planeta.  

  

SOCIEDADE

 

Neste periodo gañan protagonismo as cidades. O sistema feudal irá progresivamente desaparecendo. A economía fundamentada na agricultura ou a gandaría dará paso a outra na que se xenera riqueza a través de actividades como o comercio. Este desenvolverase nas cidades onde xurde unha incipente burguesía como sector social de importancia nesta época.

PENSAMENTO

 

Se o teocentrismo era a visión do mundo imperante no medioevo, o antropocentrismo será a que prevalece no Renacemento. Coñecer o corpo humano, a súa beleza, as súas emocións e sensacións, etc… serán aspectos nos que se centre a curiosidade, a ciencia e a arte. Recuperarase a cultura da Antigüidade Clásica en forma dunha corrente intelectual, filosófica e artística coñecida como Humanismo.

Humanismo: fai click aquí para ver un vídeo explicativo.

RELIXIÓN

 

O ámbito relixioso experimenta unha etapa axitada por mor da aparición de iniciativas reformistas protagonizadas por Martín Lutero en Alemaña. As prácticas corruptas dentro do seo da Igrexa Católica e o distanciamento do clero respecto ao pobo foron dous dos puntos claves das denuncias de Martin Lutero. Con el aparecerá, entre outras, a igrexa protestante.

Reforma: fai click aquí para ver un vídeo explicativo.

A Igrexa Católica reaccionó ante a reforma con outro movemento coñecido como Contrarreforma cuxas pautas se dictaron nunha xuntanza de todos os obispos católicos na cidade de Trento (Concilio de Trento) : fai click para ver un vídeo explicativo

MÚSICA

 

Na Idade Media boa parte da música era monódica, pero as primeiras prácticas polifónicas comezaron xa nese periodo acadando un moi alto nivel de complexidade na composición ao final desa época. O Renacemento, por tanto vive o ESPLENDOR DA POLIFONÍA.

 Consolídanse as chamadas 4 voces harmónicas.

  • Soprano ou superius: Voz aguda propia das mulleres.

  • Contralto ou altus: Voz grave propia das mulleres.

  • Tenor: Voz aguda propia dos homes.

  • Baixo ou bassus: Voz grave propia dos homes.

 

En música profana pódense usar máis voces.

QUE TÉCNICAS EMPREGABAN PARA COMPOÑER AS SÚAS PEZA MUSICAIS?


O uso da polifonía (diferentes melodías combinadas soando á vez) permitía organizar as distintas voces na obra musical de 2 xeitos básicamente: ​

  • Contrapunto: Este é un tipo de polifonía na que as voces independízanse rítmicamente e pode dificultar a comprensibilidade do texto. O contrapunto pode ser "libre" (cada voz ten absoluta independencia) ou "imitativo" cando un fragmento melódico preséntase nunha voz e logo pasa a ser repetido total ou parcialmente igual noutra, pero desprazado ou retrasado no tempo.

Explo: Motete "Sicut Cervus" de Palestrina.

  • Homofonía: (tamén se pode denominar homorritmia) As distintas voces avanzan rítmicamente á vez aínda que cantando notas a diferentes alturas (polifonía). Xurden así acordes, é dicir conxuntos de notas diferentes emitidas á vez por distintos cantantes ou instrumentos que soan dun xeito consoante (agradable ao oído). Se aceptamos que a voz máis aguda é a máis importante, podemos considerar que esta dicta o ritmo e que o resto de voces teñen que seguila e simiultanear as súas notas con ela. Deste xeito, as voces son rítmicamente interdependentes. Fíxate no “Ave María” de Tomás L. de Victoria a partir do compás 19: (fai click para ir a ese punto e nota como as distintas voces van rítmicamente iguais)

Ademáis destas 2 modalidades básicas de métodos para compoñer, existía a técnica do:
 

  • Cantus firmus: unha melodía (xeralmente gregoriana) servía de base para crear unha nova composición polifónica. Esto xa se viña facendo desde a Idade Media.

Explo: Un canto gregoriano orixinal “Ave maría” (escóitao aquí) será tomado por Tomás Luis de Victoria quen o reelabora creando unha nova obra polifónica (escoita aquí o "Ave Maria" deste autor renacentista)

HARMONÍA

Se nos comezos da polifonía na Idade Media, as consonancias se consideraban as 5ªs e 4ªs (lembrade o Organum Paralelo), no Renacemento as 3ªs e as 6ªs estaran moi presentes introducíndose o concepto de acorde.  Ademais da dimensión "horizontal" da música (combinación de diferentes melodías), agora incorpórase unha dimensión ou visión "vertical" da música (prestan atención a como coinciden en forma de acordes as diferentes voces).

RITMO

No aspecto rítmico abandóase definitivamente o ritmo libre practicado na Idade Media. Será necesario precisar a duración das figuras para organizar con exactitude a correcta consonancia das voces da polifonía. Nas danzas cobrará especial importancia o rítmo marcado. O sistema de notación será o mensural branco, que permite distinguir con maior precisión as duracións dos sons. 

 

1.1 MÚSICA RELIXIOSA

A aparición dos movementos reformistas relixiosos (protestantismo, luteranismo, anglicanismo...) motivará que a música relixiosa de cada unha das diferentes igrexas que van xurdindo presente diferentes características. 

1.1.1 Católica:

- Podemos considerar que era unha música “esixente" porque emprega coros profesionais, as catedrais dispuñan dun mestre de capela, cantores, instrumentistas (ministriles).

 

- Nos inicios do Renacemento compóñense obras polifónicas complexas; usan un contrapunto complicado que era a evolución natural da dificultade que xa se conseguira na polifonía a finais da Idade Media. Posteriormente, coa chegada da contrarreforma, decidirán simplificala para unha mellor comprensión dos textos e transmitir eficazmente a mensaxe católica. 

- Era música vocal que seguía empregando o latín como lingua de expresión. O uso do latín simbolizaba, para eles, a unidade cristiá.

- O seu ritmo era pouco marcado preferindo o movemento lento con carácter relaxante.

- Prohibiríanse os cantos profanos nos templos.

Os papas exercen de mecenas dos grandes músicos do momento (Tomás Luis de Victoria, Giovanni Pierluigi da Palestrina, Orlando di Lasso). Os mecenas eran unha especie de promotores ou patrocinadores dos grandes artistas da época.

- As formas musicais (é dicir, os diferentes tipos de composición atendendo á sua estrutura, construcción ou organización [o equivalente aproximado ao que serían as "os tipos de estrofas" en poesía) máis importantes serán

  • A misa: as diferentes partes da cerimonia relixiosa (Kyrie, Gloria, Credo, Sanctus Benedictus, Agnus Dei) levan un acompañamento musical. A misa como forma musical está estruturada en varias partes, pensadas para a liturxia, en latín e a capella. O primeiro tipo importante de misa como xénero musical foi a misa sobre cantus firmus (melodía tomada habitualmente dun canto gregoriano ou dunha canción profana) que se sitúa na voz do tenor, e serve de base para compoñer o resto de voces. Outras misas [misas paráfrasis] toman unha melodía prestada pero reparten a súa aparición polas diferentes voces da composición. Un tipo máis de misa son as misas parodia, que se inspiran en pezas polifónicas completas, é dicir un bloque de voces, que logo modifican ou reelaboran. 
     

  • O motete: Evoluciona do motete medieval. Son composicións polifónicas, a capella, que empregan o contrapunto cunha complexidad que pode chegar ao uso de ata 40 voces diferentes

 

1.1.2 Protestante:

- Buscan a participación activa dos fieis na cerimonia incluindo o canto, que podía ser polifónico.  

 - A música vocal estaba escrita en lingua vernácula (idiomas falados en cada territorio).

- As melodías son claras, sinxelas, doadas de lembrar (inspiradas ás veces na música popular).

- Son polifónicas e as voces móvense a ritmo prácticamente igual (homofónicas, homorrítmicas). 

- A composición vocal relixiosa máis importante nestas cerimonias é o coral que era cantado polos fregueses.

Martín Lutero mesmo compuxo pezas musicais destinados ao culto protestante.

Explo de coral protestante: Ver vídeo

1.2 MÚSICA PROFANA (OU CIVIL):

A música culta civil desenvólvese fundamentalmente nas cortes estando destinada ao entretemento dos nobres. Música e poesía concíbense como un todo. Esta fusión de poema-canción lembra á concepción que durante a Antigüidade Grega e Romana se tiña da música, que era entendida como unha unión de música - poesía - danza.  As obras recollíanse en cancioneiros. Cada zona xeográfica desenvolve unha forma musical que lle é propia. 

 

Xéneros que aparecen:

  • En Italia, o Madrigal: forma polifónica, breve, en italiano, de tema amoroso, culto, tende a ser a capella. Intentan describir musicalmente o contido do texto que cantan e ser moi expresivos . Os "madrigalismos" son os recursos empregados nos madrigales que tratan de imitar certas emocións ou sentimentos a través da música (risas con notas rápidas; saloucos con notas suspiradas; a morte como unha escala descendente...) Pode haber madrigales tamén fóra de Italia.
    Explo: "Itene i miei sospiro" (de Carlo Gesualdo)

     

  • En Francia, a Chanson: sucesora da canción medieval. Breves, en francés, rápidas, sinxelas, de aspecto popular.
    Explo: "Tant que vivray" (de Clement Janequin)

     

  • En España, o Vilancico, o Romance e a Ensalada:
     

Vilancico​: canción polifónica de orixe popular cunha estrutura ben definida. Consta de:

  • ESTRIBILLO: (contén a idea principal do poema) Frase musical A.
     

  • COPLAS: (desenvolve a idea contida no estribillo) consta de:
     

    • Mudanza: (4 versos) Frase musical B

    • Volta: ten unha mensaxe semellante á do estribillo. Frase musical A

Explo: “Más vale trocar” (Juan del Enzina) Escóitao aquí

 

Romance: Eran poemas narrativos musicalizados procedentes da tradición oral popular de moi diferente temática (amorosos, históricos, de cruzadas...). Eran polifónicos, a capella, en castelán.

- Ensalada: composición que trata dunha temática concreta combinando diferentes tipos de composicións (romances, vilancicos, cancións populares...). Usaba diferentes linguas, alternaba seccións homofónicas con outras contrapuntísticas... Adoitaba ter un final moralizante.
Explo: "La bomba" (de Mateo Flecha "El Viejo")

2. DIFERENTES ESCOLAS MUSICAIS DURANTE O RENACEMENTO

Nesta época podemos distinguir diferentes estilos ou tendencias musicais ao longo de distintos lugares de Europa.

Escola franco-flamenca: Desenvolveuse entre 1450 e 1550 por compositores da actual zona de Holanda, Bélxica e parte nordeste de Francia. Son grandes mestres do contrapunto imitativo aínda que tamén o combinan coa homofonía. A súa música alcanza moita difusión por Europa. Introducen elementos da música profana no repertorio relixioso. Autores: Josquin Des Prez, Orlando di Lasso, Guillaume Dufay.

 

Escola romana:  Xira ao redor da actividade musical da capela papal (Sixtina). Representa o estilo da contrarreforma que, para combater á reforma, optou por unha maior austeridade, sobriedade, sinxeleza, claridade e equilibrio. Buscan a pureza e transparencia de liñas par evitar adornos innecesarios e achegarse máis ao ideal que perseguía o canto gregoriano: a comprensión do texto para dirixir o canto a Deus. Autor: Palestrina.

Escola veneciana: A basílica de San Marcos e o seu centro musical. As características arquitectónicas desta permiten unha simétrica colocación de distintos coros ou grupos de intrumentos en plataformas de xeito envolvente. Créase así a "policoralidade". Os autores desta escola compoñen obras que buscan confrontar distintos coros opostos en distintors lugares do edificio, creando efectos sonoros de contrastes entre voces e instrumentos; voces adultas fronte a infantís; intrumentos de distintas familias... Autores: os Gabrielli (tío e sobriño) e Adrian Willaert.

Escola española: influída por unha profunda espiritualidade relixiosa propia da contrarreforma que fará que os músicos permanezan atentos a respectar a claridade do texto nas súas obras. Por iso darán importancia á homofonía, a simplicidade... Autores: Tomás Luis de Victoria, Cristóbal de Morales, Francisco Guerrero. 
 

 

3. MÚSICA INSTRUMENTAL: (ampliación: fai click)

Por primeira vez na historia da música occidental aparecen composicións soamente creadas e interpretadas para instrumentos sen voz. Para que isto se producirá debieron de confluir varios factores:

  • Perfecciónanse instrumentos [frauta de bico, corneta...] e créanse outros novos [clavicémbalo, viola de gamba]. Isto permite que a súa afinación sexa máis precisa e o seu timbre máis agradable ao oído.

  • Os instrumentistas melloran a súa técnica interpretativa. Os intérpretes deben ser expresivos e rigorosos na execución das pezas musicais para transmitir con exactitude á emoción que xa non será comunicada a través das palabras dun texto.

  • Créanse obras máis complexas e expresivas. Os compositores xa non conta co recurso da palabra ou texto para comunicar emocións ao espectadar. A cambio, deberán crear pezas que, tan só co son emitido por instrumentos, sexan suficientemente conmovedoras e emotivas como para gañarse a atención e o gusto do público. 

Neste punto hai que falar dos consorts:

 

Eran conxuntos de cámara formados por pequenos grupos instrumentos de diferentes tesituras (tamaños) pertencentes a unha mesma familia instrumental. É a agrupación prototípica da música instrumental do Renacimento.

Os consorts no Renacimento xurden coma un intento de imitar ou asemellarse ás agrupacións vocais polifónicas que combinaban diferentes tesituras (voces de distinta altura [sopranos, contraltos, tenores e baixos] creándose así familias completas de instrumentos parecidos entre sí pero de diferentes tamaños. Os consorts máis habituais eran os de frautas de pico ou violas da gamba, pero tamén eran comunes os de baixóns, laúdes, etc. Adoitaban ter entre tres e seis instrumentos. O actual cuarteto de corda (dous violíns, viola e violonchelo) é un exemplo de consort creado ao redor de 1600 que pervive na actualidade.

Consort de frautas de bico: ver vídeo

Consort de cromornos: ver vídeo

Consort de violas de gamba: ver vídeo

Os conxuntos instrumentais formados por diferentes familias de intrumentos aínda non se conseguira que soaran de todo afinados.
 


Os instrumentos non se agrupaban todavía seguindo a actual clasificación de instrumentos, senon que se dividían máis ben en instrumentos de:

- Música alta (soaban a gran volume podendo usarse ao aire libre): vento e percusión.

- Música baixa (soaban a menor volume usandonse en interiores): corda e as frautas

 

QUE PROCEDEMENTOS SE EMPREGABAN PARA COMPOÑER UNHA PEZA INSTRUMENTAL?

Procedementos compositivos: Para compor unha peza musical instrumental os autores empregaban distintos métodos para crear as súas composicións.

IES de beade

bottom of page