top of page

INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS

Neste tipo de instrumentos o son xenérase por osciladores que crean correntes eléctricas periódicas que serán amplificadas con dispositivos tamén eléctricos.

Posiblemente o primeiro instrumento destas características fora o Telharmonium, un curioso invento que xeneraba sons cunha especie de computadora que ocupaba toda unha pranta dun edificio. O son que emitía transmitíase a través da liña telefónica. Hai que aclarar que deste tipo de instrumento non quedan exemplares e que non era totalmente electrófono xa que a corrente producíase dun xeito mecánico a través do xiro dunhas rodas (tone wheel) que xeneraban una vibración dentro dun campo magnético, e polo tanto creaban así a corrente (non por osciladores).

INSTRUMENTOS PIONEIROS (anos 20 do séc. XX) 

- Theremin: (patentado en 1928) Consta dunha caixa con dúas anteas. É monofónico. Emite un un só timbre cuxa altura controla a proximidade da man do inérprete respecto a unha antea vertical e o seu volume  respecto a outra antea horizontal en forma de aro. O seu timbre pode recordar a un chelo ou una viola pero tamén pode lembrar á voz humana. (Ver vídeo)

-  Ondas  Martenot: (1927) Creado polo chelista Maurice Martenot. É monofónico pero pódeselle cambiar o timbre. Combina un teclado e unha cinta manexada cun anel para controlar a altura dos sons. As teclas ademais poden moverse lateralmente para crear un efecto vibrato. O son, aínda que máis versátil, pode tamén lembrar a un chelo ou voz humana. (Ver vídeo)

-  Trautonio: (1924) Creado por Friedrich Trautwein. É politímbrico. As notas obtíñanse presionando un punto ao longo dun cable que ía montado sobre un rail. O trautonio é un antecedente directo dos sintetizadores. (Ver vídeo 1(Ver vídeo 2) (Ver vídeo 3)

INSTRUMENTOS ACTUAIS

 

- Órgano eléctrico (tipo hammond): (1934) Emulan os órganos eclesiásticos incluso no aspecto exterior. Para ser exactos, non son puramente electrófonos porque o órgano Hammond crea os seus sons a través de uns xeneradores de tons (tonewheels) que xiran creando movementos vibratorios. Foron introducidos nas igrexas de gospel norteamericanas empezando a acompañar os seus cantos para logo extenderse a outros estilos como o blues ou o jazz. Don Leslie deseñou un amplificador e altofalante para este órgano co fin de que se venderan conxuntamente. Sen embargo, o son vibratorio que proporcionaba non convenceu a Hammond, pero si á meirande parte dos organiztas que adoitan usalos sempre xuntos. (máis información)

- Sintetizador: (1955) Son como pequenos laboratorios que elaboran, modifican e proxectan o son a través de osciladores, amplificadores, xeneradores, filtros, efectos... Poden emular sons de instrumentos musicais non electrófonos (acústicos) ou ben xenerar outros totalmente novos. (Ver vídeo1(Ver vídeo2).

Os órganos domésticos posteriores ao Hammond foron realmente sintetizadores que emulan instrumentos.

- Batería electrónica: Emulador da batería acústica que emprega sensores que recollen o impacto das baquetas en vez de emitir as ondas sonoras propias do golpeo de tambores e pratos. Os impulsos recollidos polos sensores (pads, comunmente de goma) a través duns capturadores piezoeléctricos chamados triggers, son enviados a un módulo (que xenera ondas electrónicas) ou un sampler, en lugar da vibración que producen as ondas sonoras nas baterías acústicas. O convertidor trigger transforma o sinal creado polos pads nun sinal MIDI. O módulo sampler produce un son determinado polo sinal MIDI recibido. (Ver vídeo)

- Caixa de ritmos: aparato que reproduce e/ou grava secuencias programadas de sons que emulan os ritmos realizados tradicionalmente con baterías. (Ver vídeo)

- Secuenciador: aparato que almacena e reproduce datos musicais que se poden manipular e simultanear semellante a un multipistas.

https://www.youtube.com/watch?v=NzzdDaZ_hzw (multipistas)

http://es.m.wikipedia.org/wiki/Secuenciador (secuenciador)

- Sampler: emulador de calquera tipo de son dixitalmente muestreado. (Ver vídeo sampleo de son) (ver vídeo sampleo dun fragmento de música)

- MIDI: Musical Instruments Digital Interface. É un protocolo de intercambio de información (creado en 1983) que permite comunicar calquera instrumento electrónico con outro. Esa información contén datos sobre a nota que se emite; a súa duración; e a intensidade coa que se emite.

XÉNEROS OU ESTILOS MUSICAIS QUE XURDEN COA APARICIÓN DA MÚSICA ELECTRÓNICA

 

Música concreta: Recolle gravados sons da realidade ou da contorna para manipulalos posteriormente no laboratorio/estudo de son. No momento no que aparece grávabase en cinta magnetofónica a cal se pasou a considerar como se fose un intérprete, un músico máis.

 

Música electrónica: Toda a materia e proceso de creación e manipulación sonora desenvóvelse no laboratorio ou estudo. Ata a aparición do sintetizador o proceso era lento e laborioso.

 

Música electroacústica: É como se coñecen as expresións musicais dos anteriores dous estilos. Chega un momento en que os recursos da música concreta e da electrónica poden convivir nunha mesma obra.

VER VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=9Nb6xdOcVUk 

Live electronic music. Fusión da música electrónica pregravada coa interpretación en vivo. Músicos tocan ao vivo sobre fragmentos ou secuencias pregravadas

IES de beade

bottom of page