
Departamento de Música IES Beade
BARROCO
CONCEPTO “BARROCO”
O termo “barroco” é un adxectivo que pode facer referencia a un tipo de perlas que non presentan un aspecto esférico. Serían, polo tanto, perlas “deformes”. Nese senso, a aparición deste concepto no ámbito artístico pode presupoñer unha certa connotación despectiva ou pexorativa. Semella que quería facer referencia ao deforme, o afastado da norma ou cánones, o esaxerado ou excesivo.
Tamén son caracteresiticas do barroco a sorpresa e, sobre todo, o contraste.
Pincha no vídeo para unha explicación: Xeneralidades do Barroco
HISTORIA
O poder político dos monarcas engrandécese dando lugar ás monarquías absolutas que se amosan ríxidas, esaxeradas en riqueza e poder e cunha poboación resignada, a cambio de certa orde e progreso. O absolutismo xeneralízase en Europa entre os ss. XVII a XVIII, fortalecéndose co despotismo a comezos del S. XVIII.
Pincha para unha explicación da monarquía absoluta. Monarquía absoluta
As potencias deste periodo son Francia e Austria. A guerra dos 30 anos (1618-1648), enfrenta aos príncipes protestantes alemáns apoiados por Dinamarca, Suecia e Francia contra os austríacos católicos apoiados por España. Finalizou coa Paz de Westfalia, que inicia a hexemonía francesa en Europa baixo os Borbóns e a independencia de Holanda da coroa española. O Barroco é pois un período de predominio francés e decadencia española.
Pincha para unha explicación da guerra dos 30 anos: Guerra dos 30 anos
Nos países católicos, o poder relixioso tivo no Barroco un aliado da Contrarreforma (deseñada dende o Concilio de Trento) aproveitando as posibilidades da arte como medio de oposición e de evanxelización frente á Reforma. Igualmente o absolutismo, empregou a arte barroca como propaganda política que exaltará o seu poder. Mentras, nos países que triunfou a Reforma, partidaria da austeridade decorativa, a burguesía ten un importante papel social e político (Holanda) e aproveitará o gusto realista da estética barroca para amosar aos burgueses en esceas cotiás.
Pincha para unha explicación breve da: Contrarreforma e o Concilio de Trento
SOCIEDADE
Ten estructura estamental. A nobreza e o clero privilexiados con oficios reservados, exencións fiscais e institucións que garantizan a súa influencia a través del poder territorial; o terceiro estado (súbditos) están excluidos da participación política, e a súa situación socioeconómica provoca levantamentos por crisis ou por excesivas cargas fiscais. Non obstante, hai certa movilidade social na burguesía, grazas a negocios, matrimonios estratexios con aristócratas ou compra de títulos nobiliares.
Os grupos sociais dominantes acaudalados, aristocracia e burguesía, son os clientes dos artistas.
En resumo, segundo o ambito podemos ditinguir:
- O Barroco da Contrarreforma: Extendido por, Italia e España, busca exaltadar os principios do Concilio de Trento.
- O Barroco do Absolutismo: Desaenvolvido en Francia e, a partires da entrada dos Borbóns en España, de carácter más clásico, serve de propaganda para o poder real.
- O Barroco protestante: propio dos Países Baixos e Holanda, dirixido a clientes de carácter burgués, con preferencia por temas costumistas, naturezas mortas, interiores e paisaxes.
MÚSICA
1. MÚSICA VOGAL:
O Barroco non supón un corte radical co Renacemento no que se refire á súa recuperación da cultura clásica (greco-latina). Ao redor aproximadamento do 1600, aristócratas, persoas preocupadas pola cultura, intelectuais, artistas… reuníanse no que se deron en chamar “cameratas”, entre as cales unha das máis importantes foi a do conde de Bardi na cidade de Florencia, Italia: a "Camerata Fiorentina". Un dos asuntos tratados nestas xuntanzas era o de recuperar o teatro e a traxedia grega da Antigúidade Clásica. Supúñase que aquelas obras, cando se interpretaban case un milenio atrás, tiñan secciones cantadas e, aínda sen saber exactamente como soaban, afirmaban que tiñan un estilo ou escritura monódica (a unha voz). Sen ter absoluta certeza, críase que esas pasaxes cantadas coincidían con intervencións do que se coñecía como o coro (personaxe colectivo). Para conseguir que todas as voces dos seus integrantes soasen ben simultáneas e comprensibles facíanos falar cantando o cal melloraba a percepción do público do que decían. Froito do gusto polo teatro os músicos influidos por esta mirada cara a Antigüedade comezaron a escribir obras musicais dramatizadas seguindo o estilo daquelas pezas clásicas: así nacen as primeiras óperas.
As pezas musicais que se creaban para estas óperas presentaban unha liña melódica principal, predominante, que lle daba unha falsa apariencia monódica [o estilo da música na Grecia e Roma da Antigüidade]. Sen embargo, nestas óperas, engadíaíselle un sutil acompañamento harmónico, e ademáis, un segundo elemento en importancia chamado “baixo continuo” situado na sección máis grave da composición. Isto xenera un novo tipo de textura coñecida como “monodía ou melodía acompañada”.
A nova textura tiña pois 3 elementos:
Voz principal: ————————> proporciona a sensación de monodía
Voces intermedias —————> ripieno (recheo, voces intermedias moi sutís)
Voz grave ———-———————> Basso continuo (Baixo continuo). Crea un efecto de soporte harmónico a todo o conxunto. Consolida o pulso sendo marcadamente rítmico. Frecuentemente é interpretado polo clavicémbalo.
A ópera consta das seguintes seccións:
-
Obertura: peza orquestal inicial que serve de introducción a toda a obra.
-
Recitativos: canto declamado, cunha melodía moi plana para permitir que se entenda ben o texto. O acompañamento instrumentar é moi lixeiro, sinxelo, sutil.
-
Arias: composicións vocais con acompañamento instrumental moi melódicas e expresivas. Párase a acción e o/s personaxe/s expresan os seus sentimentos. Aprovéitase para o lucimento vocal dos cantantes. Poden compoñerse para varios personaxes (dúos, tríos...)
-
Coro: peza polifónicas en grupo. Serven para presentar a acción ou certos personaxes. Poden facer o papel de narrador ou comentarista.
-
Interludios: Ás veces, entre algunhas das anteriores seccións intercalábanse breves pezas instrumentais que servían para cambiar a escenografía, vestiario, colocación de personaxes, darlle continuidade á trama...
-
Ballet: peza instrumental coreografiada propia das óperas francesas.
Vídeo explicativo das seccións das óperas: https://www.youtube.com/watch?v=IUl-y_nN3sw
As primeiras óperas que datan ao redor do ano 1600 tratan temas mitolóxicos que os toman dos argumentos das traxedias gregas clásicas que pretendían imitar ou emular. Un dos asuntos máis repetidos nas primeiras óperas foi o relato do mito de Orfeo e Euridice. https://www.youtube.com/watch?v=9aDD5b_fni4 (L'Euridice (1602) Caccini)
Mira o seguinte vídeo que explica e dá máis detalles sobre: O nacemento da ópera
Oratorio, paixión e cantata
O éxito da ópera influíu noutros xéneros e formas musicais incluso na música relixiosa. Este é o caso de:
Oratorio: o estilo teatral da ópera aplicouse a composicións relixiosas, dando lugar ao xénero do oratorio. Eran pezas moi longas non incluídas na liturxia e interpretadas sen representación, decorados nin vestiario, aínda que no demais presentaba as mesmas características que a ópera: argumento dramático, cantantes que representan papeis, alternancia de recitativos e arias, orquestra e baixo continuo acompañantes. Nace en Italia, como a ópera, e exténdese logo a outros lugares de Europa.
A paixón sería un tipo de oratorio que só trata o tema da Paixón de Cristo (episodios bíblicos que narran o que lle sucede a Xesús dende a úlitma cea ata a súa crucifxión enterro e resurrección). Traizón, xuizo, condea, escarnio, expolio...
A cantata pode ser profana ou relixiosa. Estudaremos esta última. Aínda que ten elementos comúns á opera (arias, recitaitvos, coros, interludios, coros, solistas, orquestra...) non conta unha historia pero baséase nun texto relixiosos de carácter lírico. Non é tan longa como un oratorio e interpretábase antes e despois do sermón. É de gran importancia no culto luterano y emprega moito o coral.
Vídeo explicativo: https://www.youtube.com/watch?v=RgPuejtx7XM
2. MÚSICA INSTRUMENTAL
Se ben no Renacemento acudimos ao nacemento da música instrumental, no Barroco equipárase ou incluso supera en importanancia á vocal. Se no Renacemento tiñamos pequenos conxuntos o agrupamentos como os “consorts”, no barroco mellórase máis aínda a construcción dos instrumentos e empeza a consolidarse a orquestra.
Algúns instrumentos de prestixio empezan a súa decadencia (viola da gamba, frauta de bico, laúde), e outros comenzan a despegar (clave, familia do violín, frauta traveseira, guitarra); outros novos se inventan (oboe).
Os compositores crean as súas pezas pensando en que sexan tocadas por un instrumento particular, coas súas posiblidades expresivas e técnicas (instrumentos obligados). Aparecen os primeiros virtuosos dos instrumentos.
Formas musicais que aparecen (tipos de composicións):
-
Pezas para solista: preludio, fuga, tocata, fantasía. Teñen carácter improvisatorio. Entre elas destacamos a fuga de textura contrapuntísitica imitativa. Comunmente para instrumento de teclado.
https://www.youtube.com/watch?v=I4VcufHzQdM (Fuga 1 en Do Maior, J.S. Bach)
-
Sonata: Ao principio tratábase de composicións breves buscaban o lucimento do instrumento; sen unha forma fixa e definida. Normalmente empregan un instrumento de tecla que faga de baixo continuo, que acompañe a un instrumento (sonata a solo) ou a 2 (sonata a trío). Pouco a pouco evolucionan ata articularse en varios movementos (entre 4 e 6) de carácter contrastante (rápidos/lentos). Pódese falar de
-
Sonata da chiesa (ou de igrexa). Alterna movementos lentos, con outros rápidos. Inspírase na música vocal relixiosa, aínda que non estaban destinadas a ser tocadas na igrexa.
-
Sonata da camera (ou de cámara). Normalmente son unha sucesión de movementos de danza, ao estilo suite, precedidos case sempre dun preludio en estilo improvisatorio.
Vídeo explicativo (até min 3:25) https://www.youtube.com/watch?v=vghUx7TefYA
-
-
Concerto: A finais do s. XVII consolídase a orquestra (baseada en instrumentos de corda fretada). O concerto será unha peza que alterna pasaxes interpretadas con toda a masa orquestral (tutti) con outras para os solistas. Na etapa final do Barroco consolídase o concerto en 3 movementos (rápido - lento - rápido). Exemplo de concerto (primeiro movemento da Primavera de Vivaldi: https://youtu.be/8RvEVB08RrQ)
-
Concerto grosso. Contrapón dous grupos de instrumentos, un pequeno (concertino) e outro grande (tutti). O primeiro frecuentemente está composto por dous violíns solistas e baixo continuo; o segundo, por violíns primeiros e segundos, violas e baixo continuo. Esta formación pode variar. (Vídeo explicativo: https://youtu.be/dvpu-ZgpBiU)
-
Concerto solista. Contrapón normalmente un só instrumento solista a toda a orquestra. (Vídeo explicativo: https://youtu.be/MT8qXztbqSM)
-
Chamarase "estilo concertato" (moi presente nos concertos) aquel que busca todos eses xogos de contrastes opostos como os do tutti fronte ao solista (ou concertino); os movementos rápidos fronte aos lentos; as dinámincas en terrazas que repiten ideas musicais (primeiro forte e logo piano); os contrastes entre as distintas sonoridades dos diferentes instrumentos que conforman a orquestra...
-
Suite: sucesión de movementos ou pezas de danza que se interpretan seguidas. Tiña carácter aristocrático, é rítmicamente vigorosa e moi sofisticada melodicamente. Presenta ademáis unha estructura clara que permite a elaboración dunha coreografía ben adaptada as distintas seccións que presenta a peza. Hainas orquestradas ou para solista (chamanlle, entón, "partita"). É habitual que consten de 2 partes A e B (forma binaria).
A secuencia mínima de danzas que incluía a Suite eran:
• Allemande: danza alemana de compás cuaternario e tempo moderado. https://www.youtube.com/watch?v=cZWDrjLO7r4
• Courante: movemento xeralmente un pouco máis rápido que o anterior, de compás ternario e frecuentes hemiolias. https://www.youtube.com/watch?v=KdYoW6lhf6A
• Zarabanda: danza lenta de compás ternario que acentúa característicamente o seu segundo pulso, de orixe español. https://www.youtube.com/watch?v=GjLTTgv5FUQ
• Giga: danza rápida en compases de subdivisión ternaria, de orixe irlandés. https://www.youtube.com/watch?v=n_iivGo83Ts
Pode ter unha obertura inicial ou outras danzas tras a Giga como:
• Minueto: de compás ternario parecido ao vals. https://www.youtube.com/watch?v=MHxQe7BQWm0
• Rondó: pequena peza basada na repetición dun tema (A), con intrusiones (B, C, D, etc.). A estrutura quedaría:
A-B-A-C-A-D-A-E...
A suite derivou nos “ballets de cour" da corte francesa de Versalles e influíu en toda a música instrumental francesa, alemana e incluso italiana, tanto para instrumentos solistas (clavicémbalo, laúd, tiorba) como para grupos de cámara o conxunto orquestral. Pouco a pouco transformouse en música camerística estilizando e abandaoando o seu orixinal carácter danzable.