top of page

VIDEOCLIP

 

 

O videoclip é unha peza audiovisual que, no eido da música pop-rock, serve de soporte promocional para a difusión dunha canción dun grupo, artista ou intérprete.

 

Inicialmente xurde coa intención de ser difundido polo medio televisivo. Actualmente atopa outras vías de propagación como internet.

 

Antecedentes:

 

Inicialmente era moi frecuente que a música emitida nos programas de televisión fose ao vivo. Posteriormente aparece a técnica do “play-back” como recurso empregado nas actuacións musicáis incluidas nestes espazos. Isto facilita técnica e económicamente a inclusión deste números ou actuacións en espazos televisivos. Igualmente, os músicos (que simulan a súa actuación) podían facer máis vistosas ou estéticas as súas aparicións nestes programas xa que non tiñan que ser rigorosos nin estrictos na súa execución vocal/instrumental. Algunhas destas actuacións extraíronse como pezas audiovisuais independentes das que os grupos, bandas, intérpretes podían facer un uso promocional convertñindose en algo que pareceía presaxiar a idea do videoclip.

http://www.youtube.com/watch?v=Qyclqo_AV2M

Porén, estes aínda non son considerados propiamente videoclips.

 

Coa existencia destes “primitivos” videoclips xurdiron as “rockolas” e os “scopitones”, unhas máquinas ou aparellos presentes en locais de ocio como bares ou pubs nas que se podían emitir en pantallas ditos vídeos tras a inserción de moedas. Convertiríanse nunha especie de “sucesores” das antigas juke-box que funcionaban dun xeito semellante pero reproducindo discos de vinilo en formato single.

 

 

Orixe:

 

É difícil establecer un primeiro videoclip da historia. Hai quen considera que, senon o primeiro, unha das primeiras produccións audiovisuais máis enfocadas ao fin que logo tivo o videoclip foi “Bohemian rapsody” de Queen. Quizais o feito de ser unha canción máis longa do que adoitaba ser usual para o formato radiofónico (6 min. fronte os 3 ou 4 habituais); ou a súa estrutura e estilo musical tan cambiante fixo que se considerase oportuno crear un formato audiovisual para a súa difusión e promoción.

http://www.youtube.com/watch?v=fJ9rUzIMcZQ
 

Pronto comezaron a proliferar os videoclips e consecuentemente non solo se crearon espazos televisivos para darlles cabida senon que naceron canles temáticos dedicados principalmente á súa difusión. MTV, VH1, Sky Channel foron algúns deles na década de 1980.

 

Características

 

- Ademais de aúnar nun mesmo formato unha expresión musical e visual, tamén pode recoller influencias doutras disciplinas ou manifestacións artísticas (plástica, escenográfica…)

http://www.youtube.com/watch?v=8DyziWtkfBw

Este vídeo de Red Hot Chili Peppers, está inspirado nunhas intervencións que o artista Erwin Wurm realiza interactuando con obxectos cotiáns como se fosen conxuntos escultóricos.

- En ocasións, tense convertido nun terreo onde poñer en práctica novas técnicas, experimentos e trucos visuáis, infográficos, etc…

http://www.youtube.com/watch?v=nAkMTu6q2pY                                                              https://youtu.be/F2AitTPI5U0?t=326

No vídeo de The Rolling Stones combináronse imaxes reais con debuxos animados. No de Michael Jackson, a partires do minuto 5:27 introdúcese un 1º plano de persoas de distintas razas que van mutando dunhas a outras cunhas transicións moi "suaves" que se conseguiron a través de novedosas técnicas naquel momento.

 

- O dinamismo (propio da música pop-rock á que acompaña, e necesario para desenvolver brevemente un relato visual)  é propio de formato.

https://www.youtube.com/watch?v=eBG7P-K-r1Y

- A coherencia do relato visual coa canción pode ser variable e debe ser un elemento a analizar (ritmo visual, relación coa letra ou contigo da canción, etc…)

http://www.youtube.com/watch?v=NU9JoFKlaZ0

A letra desta canción parece ser que está composta lembrando a morte do pai do cantante do líder da banda Green Day. O vídeo amosa un relato ou argumento diferente, aínda que non carente de conexión emocional co contido da letra.

 

Tipos de videoclip atendendo ao que narran:

 

- Videoclips dramáticos:

Contan unha historia coma se fose unha curtametraxe. A súa relación ou acomodación á letra da canción que compañan pode ser variable. Poden oscilar entre unha total literalidade co contido da letra, ata unha absoluta falla de relación coa misma. Noutras ocasións pódense atopar certas semellanzas ou paralelismos entre letra e narración visual.

http://www.youtube.com/watch?v=AWpsOqh8q0M

- Videos musicais.

Son aqueles nos que saen músicos que simulan interpretar a canción que soa (ocasionalmente poden interpretala en directo).

http://www.youtube.com/watch?v=tuK6n2Lkza0

- Videos conceptuais:

As imaxes, sen contar unha historia, reforzan o significado da letra ou as emocións da música dende un punto de vista simbólico, abstracto.

http://www.youtube.com/watch?v=5TlPLIy9buM​

IES de beade

bottom of page