
Departamento de Música IES Beade
CLASICISMO
CLÁSICO FRENTE A NEOCLÁSICO
A mediados do século XVIII en Europa nace un novo movemento en arquitectura, literatura, escultura e, prácticamente todas as artes, coñecido coma neoclasicismo. Neste periodo prodúcese unha volta aos ideais da cultura clásica grecorromana, incidindo especialmente nos conceptos de equilibrio, sinxeleza e beleza (abandonando os excesos e contrastes do Barroco). Este retorno ao clásico fai que en todas as artes a corrente se coñéza coma "Neoclasicismo"; pero non así na música. Os creadores musicais non tiñan referentes ou modelos grecorromanos, xa que a música conservada desa civilización era casi inexistente. Para os músicos, polo tanto, ese periodo será a súa época ou corrente "clásica", que se extenderá aproximadamente dende 1750 até 1820. Os trazos que a música deste periodo vai a tomar como "clásicas", é dicir, inspiradas na cultura e arte grecorromana serán a “busca da beleza” e a “perfección formal”.
HISTORIA
Un feito decisivo vai marcar este periodo. Será a Revolución Francesa, que terá lugar en 1789. Os ideais de liberdade, igualdade e fraternidade nos que se fundamenta deron fin ao Antigo Réxime. Proponse a división dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) eliminando a concentración dos mesmos que existía nas monarquías absolutistas. O pobo francés pon fin drástico á monarquía e consecuentemente a burguesía adquire un novo poder na sociedade que a levará a ir igualándose co da aristocracia.
Lévase a cabo unha declaración dos Dereitos do home (aínda que non expresamente da muller, cabe destacar).
PENSAMENTO
Outro factor decisivo deste periodo será a Ilustración. Este será un movemento filsófico que reivindica á razón como fonte de coñecemento, rexeitando o dogmatismo ou verdades incuestionables que plantexaban as relixións. O empeño por sacar ao ser humano da ignorancia iluminándoo a través do coñecemento fixo que este momento histórico sexa chamado "o século das luces". A Ilustración convertirase, por tanto, no soporte ideolóxico das revolucións liberais desta época.
Por outra banda xurdirán as Academias (en diferentes disciplinas ou especialidades artísticas), as cales axudarán a fixar o canon, as normas, os referentes imprescindibles para a correcta aprendizaxe de técnicas e adquirir un "bo gusto" artístico.
Tamén se elaborará a enciclopedia que será unha obra en numerosos volumes que trata de recoller e compilar todo o saber e información da humanidade.
Para visualizar todo isto clicka aquí
ARTE E CULTURA
O Neoclasicismo rexeitará o exceso decorativo e ornamental do barroco, preferindo o equilibrio, a sobriedade e o coidado formal. Tampouco busca a conmoción ou a expresión de fondas paixóns, senon máis ben optará por difundir coñecemento, educar e moralizar ao público.
MÚSICA
CARACTERÍSTICAS XERAIS:
O Clasicismo musical busca a perfección formal, unha estrutura clara, ben comprensible para o espectador. O seu estilo será elegante e natural, é dicir, sen adornos innecesarios, nin excesos virtuosísticos.
Os distintos elementos que comforman a música se caracterizan por:
Melodía:
- simétricas (é dicir que teñan un eixe central que cree equilibrio entre sus partes).
- frases bitemáticas (que dea a impresión que a melodía contén unha sección de pregunta e outra de resposta)
- Cadradas (a medida de catro compases será frecuente para estruturar as ideas melódicas)
- Os finais das ideas melódicas rematarán en repousos claros chamados cadencias.
Ritmo:
- Regular, sinxelo. Non tan mecánico como no barroco; máis fluído.
Textura:
- Predomina a monodía acompañada (pero sen basso continuo).
Harmonía:
- Búscanse consonancias e encadeamentos de acordes sinxelos.
Instrumentación:
- Na orquestra desaparece o basso continuo (o clavicémbalo), pero se incorporan máis intrumentos de vento.
MÚSICA VOGAL PROFANA
A ópera, nacida en Italia no Barroco, consolidouse en principio como un espectáculo para a nobreza. A Ópera seria era como se coñecía en Italia. En Francia tamén se compuxeron óperas, que foron chamadas Traxedias líricas.
Nas representacións das óperas serias, comezaron a intercalarse (como pequenos parénteses ou interermedios entre os actos) unhas breves óperas de temática cómica e personaxes populares, humildes. Estas comezaron a ter éxito e aumentaron a súa extensión e importancia independizándose das obras nas que se orixinaran nun principio (as óperas serias). Será así como nace a ópera bufa.
A estrea dunha destas óperas en Francia en 1753 ("A Serva Padroa") provocará unha gran discusión coñecida como a querella dos bufóns que enfronta a partidarios da ópera seria de estilo italiano contra os que gustan destas novas óperas máis do gusto da nova mentalidade da ilustración. Como resultado disto chegaríase a unha situación que podemos considerar "intermedia" ou de síntese.
Pouco a pouco, no clasicismo os autores tenderán a naturalizar os argumentos e realizarán cambios para que os temas e personaxes sexan máis do gusto dun novo público burgués.
Consolidaranse 2 tipos de ópera:
- Ópera seria: O compositor Gluck tras a "querella dos bufóns" reformará a ópera seria, propoñendo un novo modelo a partir da súa obra "Orfeo e Eurídice" (1762). Cambios:
-
música máis sinxela que simplifica as arias e fai os recitativos máis expresivos evitando o contraste que antes había.
-
argumentos máis sinxelos e verosímiles (creíbles). Eliminan o fantástico e o artificio barroco.
-
estrutura en 3 actos e temas mitolóxicos con finais heroicos e exemplarizantes.
- Ópera bufa: O compositor Pergolesi sentará as bases deste novo tipo de ópera coa súa obra "A Serva Padroa" (1733). Será o xénero operístico preferido do clasicismo. En prinicipio, estas óperas xurdiron como pequenas pezas cómicas breves que eran interpretadas nos intermedios das óperas serias. Ao resultar do gusto do público comezaron a interpretarse de xeito independente daquelas óperas e tamén aumentaron a súa duración. Características:
-
Normalmente cantadas no idioma de cada país.
-
Sustitúe os recitativos por diálogos falados.
-
argumentos sobre a vida cotiá con carácter cómico e/ou sentimental.
-
Ten menos recursos que a ópera seria (menos personaxes, orquestra máis reducida, escenografía menos elaborada...)
-
Fanse máis frecuentes os dúos e conxuntos vogais.
-
Nos finais de acto, vanse acumulando gradualmente personaxes en escea xenerando tensión que se resolve cun canto conxunto final.
-
Mozart será un importantísimo compositor: As Bodas de Figaro, A Frauta Máxica...
A ópera bufa en Alemaña chamarase Singspiel; en Francia Ópera Cómique.
Revisa este resumo sobre a evolución da ópera aquí: ver vídeo
MÚSICA VOGAL RELIXIOSA
Non ten o esplendor de outras épocas. Cabe destacar a importancia dun tipo de misa especial: aquela adicada aos difuntos, e dicir, o Requiem. Nela prescíndese das partes máis alegres da misa para suliñar a solemnidade. Este tipo de misa foi una das pezas que Mozart deixou inacabada xa que morreu antes de rematala.
MÚSICA INSTRUMENTAL
Nesta época consolídase o triunfo definitivo da música instrumental (a música “pura”) co gran desenvolvemento da orquestra, o xurdimento da música sinfónica, a invención do piano ao redor de 1700 e o xurdimento de moitas novas formas musicais instrumentais.
Algúns instrumentos como o clavicémbalo, o laúde, a frauta de bico ou a viola de gamba caen en desuso. O fortepiano (evolución do clavicémbalo e o clavicordio que logo se perfeccionará no piano) e a trompa encaixan mellor coa nova expresividade clásica. O violín terá maior protagonismo e o violoncelo terá máis papel solista abandonando a función de basso continuo. Ademáis mellórase e incorpórase o clarinete á orquestra.
As agrupacións instrumentais do clasicismo se resumen en:
Música de cámara: "Cámara" é como se chaman as habitacións palaciegas non moi grandes onde adoitaban ensaiarse e/ou interpretarse neste tipo de recintos. É un grupo reducido de instrumentos denominados "dúos, tríos, cuartetos", etc. A formación máis importante será o cuarteto de corda (que teñen o seu antecedente nos consorts renacentistas) formados por dous violíns, unha viola e un violonchelo. Haydn será o compositor máis representativo desta agrupación. Este tipo de música víñase practicando de sempre no entorno aristocrático, pero agora comeza a darse nas casas particulares burguesas e salas de concerto.
Música de orquestra: a orquestra evoluciona e consolídase un modelo modelo cunha sección de corda (violíns, violas, violonchelos e contrabaixos), unha de vento (frautas, oboes, clarinetes, fagotes, trompas,...) e unha de percusión (timbais, pratos,...). Amplia o número de instrumentistas polo tamaño das grandes salas de concerto, e trabállase unha mellora da potencia. A base segue sendo a corda e elimínase o baixo continuo.
A Escola de Mannheim con Johann Stamitz ao fronte consolida estas novidades da orquestra (busca que o conxunto se comporte como un só instrumento, traballa o crescendo e diminuendo, introduce maior disciplina e un ensaio por seccións).
FORMAS MUSICALES
Durante o Clasicismo as 3 formas máis importantes foron:
Sonata: Esta forma instrumental xurdira no Barroco, pero no Clasicismo evoluciona. Será unha peza musical composta para un, dous ou tres instrumentos, articulada en catro movementos. Cada un deles será distinto en tempo e estrutura.
1. Rápido (Allegro)
2. Lento (Andante ou largo)
3. Lixeiro (adoita ser un Minueto, logo chamado Scherzo)
4. Rápido (Allegro o presto)
Sinfonía:
Poderíamos dicir que é unha sonata concebida para unha orquestra completa aínda que máis complexa. Inicialmente articulouse en tres movementos, e logo en catro. Haydn foi o compositor que lle deu forma definitiva a esta forma musical, ainda que os músicos da Escola de Mannheim tamén colaboraron en consolidala.
As orquestras sinfónicas reciben este nome, porque en principio foron concebidas para interpretar sinfonías.
As sinfonías noméanse polo número de orde na que foron escritas no repertorio dun autor (5ª sinfonía de Beethoven, a 8ª sinfonía de Haydn...) Algunhas teñen un sobrenome; por exemplo: a 9ª de Beethoven é "a Coral"; a 101 de Haydn é a “Sinfonía do reloxo”.
Haydn, compuxo 107; Mozart, 41 e Beethoven 9.
Concerto:
Xa vimos no Barroco como esta forma musical alternaba as aparicións dun instrumento solista e toda a orquestra. No Clasicismo só se emprega o concerto “a solo” (para orquesta y solista), desaparecendo o "grosso" e con el, o concertino. Xeralmente, a forma do concierto é como o da sinfonía pero prescindindo do terceiro movemento. Durante o Clasicismo o concerto aúna nunha sooa forma os novos avances da orquestra (a consolidación da súa nova sonoridade grazas as novedades da Escuela de Mannheim) e o virtuosismo do solista.
Nun principio, o instrumento máis empregado como solista era o violín; pero, pouco a pouco foron escribíndose para outros (piano, violonchelo, frauta traversa, trompeta, clarinete...).
ACLARACIÓN: O termo SONATA, ademáis dun tipo de obra musical é tamén unha estrutura, un xeito de organizar as ideas musicais dentro do discurso musical. Esta estrutura chamaras Forma Sonata e aparece xeralmente no primeiro movemento de sonatas, sinfonías e concertos.
Ten unha forma tripartita:
-
Exposición: preséntanse 2 temas ou ideas musicais contrastantes (distinto carácter) enlazadas mediante unha pasaxe modulante chamado “Ponte”. O Tema A (máis contundente) aparece na tonalidade principal (Tónica= I) e o Tema B (máis melódico) aparece na tonalidade da Dominante (V).
-
Desenvolvemento: aparece material temático da exposición (enteiro ou fragmentado) e combínanse con novas ideas.
-
Reexposición: Volven aparecer os 2 temas da exposición con pequenas modificacións. Agora os 2 temas aparecen na misma tonalidad (a principal). Ás veces pode aparecer unha coda final (cola ou engadido) que inclúe material do tema A ou do B.
ESTILO GALANTE
No clasicismo búscase un estilo elegante e sinxelo que contrasta co propio do Barroco que seguía a moda do adorno e o exceso. O estilo musical "galante” (“elegante”, é dicir que sabe elixir ben) é máis simple. A beleza está na claridade, a simetría e a pureza formal. Todo iso se antepón á expresividade e manifestación de emocións, xa que a comprensibilidade prima sobre o sentimento.