top of page

ANTIGA GRECIA

A música (mousikè) era unha parte fundamental da vida na Antiga Grecia. Estaba integrada na educación e tamén nos actos públicos como festividades, eventos, ritos relixiosos, competicións…

Naquela sociedade atribuíanlle á música unha orixe divina; de feito, o seu nome precede das musas, que eran fillas do deus Zeus, e eran as que inspiraban aos artistas.

A música: suma de 3 artes: Na Antiga Grecia a arte musical incluía tamén poesía (debía transmitir unha letra); xesto (ou danza, e dicir movemento do corpo) e, por suposto: son, e dicir, instrumentos musicais. Por poñer un exemplo desta estreita relación entre estas 3 artes (música, literatura, danza): a poesía lírica chamase así porque os poemas recitados acompañábanse coa lira (instrumentos de corda).

Os restos de música escrita daquela época son escasísimos: apenas 2 pezas musicais completas e unhas 50 en pequenos fragmentos. Toda a información que temos daquela civilización (que durou tantos séculos) temos que deducila desas dúas fontes directas. Sen embargo, podemos tamén consultar outras fontes que chamamos indirectas:

 

- Esculturas, cerámicas, pinturas, frescos… onde aparecen músicos ou personaxes tocando instrumentos.

- Textos literarios que describen festividades, cerimonias, ritos, etc… nos que intervén a música.

 

- Escritos de tipo filosófico nos que se teoriza e desenvolven ideas sobre esta arte.

A peza máis completa que conservamos é "O epitafio de Seikilos" (unha columna funeraria da que xa falamos en clase). Aínda que a conmemora o falecemento da esposa de Seikilos (Euterpe) a sua letra trata do tema do desfrute da vida ("carpe diem") e da fugacidade do tempo ("tempus fugit"). A representación das notas nesta inscripción en pedra e a través de letras. Este tipo de escritura musical chámase notación alfabética. Cada letra equivale a unha nota, pero as duracións dos sons se "deducen" polo ritmo e a métrica do poema.

Escoita aquí o "Epitafio de Seikilos"

Que non existan moitos exemplos de obras musicais por escrito da Antiga Grecia tamén se debe a que era unha música de tradición oral. Isto quere dicir que se mantiña viva na memoria e ao longo de tempo porque se aprendía e transmitía de boca en boca coa práctica, a repetición e unha aprendizaxe espontánea. O feito de que a música unira poesía, música e danza facía que uns elementos reforzaran o recordo de outros e consolidan as obras na memoria.

 

O poder comunicativo da música: Xa dixemos que a música se relacionaba cos deuses e en certo modo considerábase que tiña poderes case máxicos. Os filósofos desa época explican cómo a música era capaz de expresar a través do son todos os posibles estados de ánimo que pode experimentar o ser humano. Ademáis, tamén pensaban que conseguía que quen a escoitase se vise “contaxiado” desa mesma emoción ou carácter transmitido pola música. Se a música transmitía sensacións alegres, o oínte sentiríase alegre; se a música fose triste, sentiría tristeza…

 

A organización dos sons: Antes de nada hai que aclarar que a música na Antigüidade (e tamén durante séculos despois de rematar esa Idade) era de tipo MONÓDICO. Isto quere dicir que nas súas composicións non combinaban de forma simultánea melodías diferentes. É dicir, a melodía que compuñan para una obra musical era única para todos os instrumentos ou voces que a executaban.

 

Na música grega, como na nosa actual, existían as escalas; pero eles chamábanlle modos. Existía unha amplia variedade de modos e, de entre todos eles, uns eran máis apropiados para expresar un tipo de estados de ánimo e outros máis axeitados para outros.

 

Así pois, tendo en conta por un lado que:

- a música é capaz de “facer sentir emocións a quen a escoita”

 

E por outro, que:

 

- cada modo (escala) esta “especializado” en expresar mellor un certo tipo de estado de ánimo.

 

os pensadores e filósofos gregos da Antigüidade elaboraron a teoría do Ethós. Según ela debería de existir unha coherencia entre o sentimento que se quería transmitir a través dunha obra musical e o modo (escala) que se escollía para compoñela. Incluso o texto debía ser tamén consecuente ao carácter, afecto ou emoción da peza.

 

Para rematar falaremos dalgúns instrumentos daquela época

 

- Instrumentos aerófonos (de vento)

- Aulos

- Sirinx (siringa o siringe)

- Salpinx

- Hydraulis

 

- Instrumentos cordófonos (de corda)

 

- Lira

 

 

- Instrumentos de percusion

 

- Sistro

- Tympano (Pandero)

Seikilos2.jpg

IES de beade

bottom of page