
Departamento de Música IES Beade
MÚSICA POPULAR URBANA

En música entendemos por "pop", un estilo ou estilos de creacion "popular" xurdidas a mediados dos anos 1950 dentro do repertorio de compositores e interprétes inicialmente norteamericanos e que pronto foron continuadas en Reino Unido, para logo expandirse por todo o planeta. Normalmente eran pezas vocais breves, sinxelas, interpretadas cun instrumental básico (guitarras, baixo ou contrabaixo, batería, piano...) e normalmente dirixidas a un público xuvenil.
O concepto "pop" oponse ao concepto de música "elevada" ou música entendida como expresión de "cultura oficial". Neste senso podemos enfrontar "música culta" a "música popular" (ou "pop").
O termo "urbana" expresa unha idea de "contemporaneidade", de "civilización urbanita", de certa "sofisticación tecnolóxica" (que pode ser moi básica como a simple electrificación de voces ou instrumentos). Isto alonxase do concepto oposto que seria o de "tradicional". Para considerar unha manifestación artística como tradicional, adoitamos supoñerlle un importante percorrido histórico, unha antigüidade, e ademáis un certo gusto por conservar os seus rasgos identitarios, ás súas características que a fan máis recoñecibles.
A música pop urbana entendida en sentido amplo abarcaría todo o conxunto de estilos e tendencias que acabamos de definir, desde mediados de 1950 co nacimiento do rock and roll ata as máis actuais e diversas manifestacións musicais como reggeaton, trap, J-pop, K-pop, C-pop, etc...
ANTENCEDENTES
O nacemento deste concepto de música pop dixemos que foi EEUU. Pero antes hai que falar de África.
Na colonización de Norteamérica por parte dos europeos tivo unha importancia decisiva a poboación africana levada forzosamente até alí coma man de obra gratuita, é dicir, coma escravos. Estes homes e mulleres obrigados a traballar e (sobre)vivir alí, levaron a súa cultura, crenzas, costumes, relatos, tradicións, bailes... e manifestáronas do xeito que se les permitía. Xurde polo tanto unha poboación que podemos denominar afroamericana e dela xurdirán unha serie de expresións musicais coma:
· Cantos de traballo: nos campos de algodón, na construcción do ferrocarril nacen cantos que acompañan as tarefas repetitivas que se levan a cabo. Teñen pulso regular (acorde a un traballo repetitivo, monótono) e unha estructura de pregunta - resposta entre un solista e un coro. https://youtu.be/C-zlSq4mWiE
· Espiritual: Canto relixioso. Posiblemente a relixión practicada por esta poboación fose unha mistura ou sincretismo de crenzas cristiás e outras de orixe africana. Teñen estilo responsorial (solista-coro). Presenta fraseos musicais breves e adornados así como unha polifonía espontánea. Cántanse textos dos evanxeos. Derivará no que logo conoceremos como música gospel (gospel en inglés significa "evanxeo"). Os textos as veces cobran un significado distinto ao bíblico orixinal. Por exemplo, cando se fala de "liberdade" ou "liberación", para os afroamericanos terá que ver coa súa condición de escravos. Cando se fala da "terra prometida" ou do "paraíso", eles pode que lles leve a pensar en África. https://youtu.be/K6w5y1v1N-g
· Blues. Blues significa estado de melancolía, tristeza (non se refiere á cor azul). A súa estructura consiste na repetición indefinida de bloques 12 compases de 4/4 con melodía de carácter improvisado que basicamente emprega só 3 acordes: o de I, IV e V grao.
Distinguimos un Blues inicial (Blues do Delta [refírese ao delta do río Mississippi]). É moi acústico. Usa a técnica do slide (un cilindro que se desliza polas cordas dando unha sonoridade especial á guitarra que nos recordará seguramente a música hawaiana...
Un artista destacado será Robert Johnson: https://www.youtube.com/watch?v=fvyUI6lLKkw
Ao final da década dos 1920 moitos músicos de Blues do sur de EEUU emigraron a grandes cidades do norte onde desenvolveron un blues máis agresivo, dotado de máis instrumentos e electrificado. Unha destas cidades foi Chicago. Alí a poboación afroamericana vivirá en ghettos que terán os seus propios lugares de lecer e entretemento. Serán locais ruidosos, onde se practicará un "novo" blues que necesitará de guitarras eletrificadas, amplificadas que acompañadas tamén de batería, piano... Nace así o Blues de Chicago ou City Blues. https://www.youtube.com/watch?v=OD9fRI_SgAg
· Jazz: en New Orleans (Luisiana), cidade de grande mistura cultural (francesa, española, afroamericana...) xurde, xa a finas do s. XIX, un estilo musical novedoso. Bandas de música herdeiras das bandas militares (con presencia de instrumentos de vento), acompañadas tamén de ciertos instrumentos de percusión (bombo, caixa, algún prato, instrumentos adaptados como a táboa de lavar...), e ocasionalmente banjos, practican unha música que combina diferentes influencias (ritmos sudamericanos, africanos), folclores, el blues... que se convirten nos inicios do jazz, que moitas veces se practicaba deambulando os músicos polas rúas. Este jazz orixinal experimentará unha enorme evolución ao longo do tempo e nel será fundamental o concepto de improvisación.
Ver vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=xDi1vIEMV4w
Todas estas expresións musicais de orixe afroamericana se coñecerán como "race music" (música racial) e en caso de convertirse en música gravada chamaráselle "race records" (discos raciais). Tamén as veces chámasele genéricamente Rhythm & Blues. Pero non todo foron homes:
Bessie Smith: https://www.youtube.com/watch?v=BZVD8QqNoak
Billie Holiday: https://www.youtube.com/watch?v=lI5ORDi7yOs
Mammie Smith: https://www.youtube.com/watch?v=8AN3pxrRzMM
"Ma" Rainey: https://www.youtube.com/watch?v=tjPdZ1qQr24
Por outra banda, habería que falar doutra influencia importante no que respecta aos antecedentes da música popular urbana: a dos músicos estadounidenses brancos de orixe europea.
· Country: na década de 1920, desenvólvese un xénero nas zonas rurais do sur de EEUU combinando a música folclórica de distintos países europeos de procedencia con formas como o blues, bluegrass, música espiritual... Isto daría lugar ao country. Tradicionalmente, tocábase con instrumentos de corda (guitarra acústica, banjo, violin folk [fiddle], e ocasionalmente acordeón e/ou armónica). As letras contan vidas de personaxes desfavorecidos, desposuídos, episodios truculentos, e frecuentemente, como no blues, afondan na tristura e penalidades. The Carter Family e Jimmie Rodgers considéranse os pioneiros deste xénero.
https://www.youtube.com/watch?v=ewnfWoSQz3o
Todas estas tendencias mesturaranse unhas con outras e darán lugar a un estilo moi do gusto da mocidade e xuventude, bailable, axitado, con clara influencia afroamericana que empezará a ser recoñecido como "rock & roll". Caracterízase ritmicamente por estar acentuado nos pulsos 2 e 4 (en vez de o 1 e o 3 tradicionais da música occidental ata ese momento) e polo protagonisto que lle darán á guitarra eléctrica.
DÉCADA 1950': NACEMENTO DO POP-ROCK.
O 12 de abril de 1954 publícase “Rock around the clock” de Bill Haley & the Comets. Este feito adoita considerarse o nacemento do "Rock & Roll". https://www.youtube.com/watch?v=xbYiGR0YAAk
Esta nova música acabará por convertirse nun fenómeno sociolóxico que dalgún xeito provocará un contraste ou ruptura entre os gustos dos/as adolescentes e da mocidade fronte aos seus maiores. Primeiro en norteamérica e logo noutros países, a música, o xeito de vestir, bailar, e certa actitud vital dos/das xoves será claramente distinto a das xeneracións adultas.
No éxito e difusión deste estilo ten bastante que ver a situación que se vive en EEUU a mediados dos 1950'. No panorama internacional, o país sae como o gran triunfador logo da fin da II Guerra Mundial. A bonanza económica dos norteamericanos, e o bo nivel adquisitivo dos/das xoves aficionados/as ao Rock and Roll fai que a venda de música gravada se convirta nun negocio que terá un gran futuro. A boa resposta económica será un factor clave para o desenvolvemento do Rock & Roll e de toda a música pop urbana posterior.
A radio, tamén influirá na difusión desta nova música. De feito é habitual atribuille ao locutor Alan Freed, o nome de "rock & roll" xa que era o nome que lle daba ao estilo de música que el programaba.
O rock & roll tiña unha clara orixe afroamericana e algúns dos artistas desta procedencia eran:
- Chuck Berry: https://www.youtube.com/watch?v=6ROwVrF0Ceg
Considerado o gran compositor do R&R. Nas súas cancións aparecen introduccións incisivas de guitarra, solos sinxelos, acompañamento guitarrístico baseado na técnica usada na man esquerda do piano ao tocar o estilo Boogie-woogie, melodías doadas, espectáculo en escea, letras xuvenís intrascendentes. Será un guitarrista de referencia para músicos posteriores.
- Little Richard: https://www.youtube.com/watch?v=KzYJS3ksH_s
Unha figura feminina afroamericana que ultimamente tamén se ven reivindicando como decisiva nos inicios do R&R é:
- Sister Rosetta Thorpe: https://www.youtube.com/watch?v=KWB_1OBWskU
Sen embargo, o xeito como realmente o R&R acadou unha aceptación máis global foi cando pasou a ser interpretado por artistas brancos e máis decisivamente cando aparece:
- Elvis Presley: Consegue manter a tradición negra así como un sentido provocador do espectáculo, pero cunha imaxe “branca” aceptada social, cultural e comercialmente. https://youtu.be/gj0Rz-uP4Mk
Nesta década dos 1950' o R&R convirtiese nunca expresión musical e cultural rompedora, transgresora pero convivirá con outros estilos non tan "excesivos" como:
· Highschool: música igualmente para adolescentes. Ritmos ternarios, arranxos orquestrais e corais. Acompañamentos arpexiados. Temática de primeiro amor xuvenil.
https://www.youtube.com/watch?v=aHm7PnCCd4E
· Doo woop: Son grupos vocais. Teñen certa influencia jazz e gospel, pero sen tanto desgarro interpretativo. Máis contido e elegante. https://www.youtube.com/watch?v=5p2k55F-uag
· Grupos de voces femininas: Formacións integradas por voces femininas que presentan acompañamento de grandes orquestracións. Coidan moito a producción e deseño musical concebindo ás artistas e o resultado musical como un producto artístico/comercial. Un dos produtores máis destacados é o controvertido Phil Spector. Mirade un vídeo de The Ronettes:
https://www.youtube.com/watch?v=jrVbawRPO7I
DÉCADA 1960': AXITACIÓN SOCIAL
Son os tempos da Guerra Fría, problemas raciais a guerra de Vietnam.
EEUU
En EE.UU os/as músicos/as afroamericanos crean o Soul. Esta etiqueta tradúcese como "alma" e refírese ao "feeling", o sentimiento. Musicalmente funden o son das bandas de City Blues (guitarra e baixo eléctrico, batería, piano), engadindo unha sección de vento (posiblemente seguindo o exemplo de grupos de Jazz) de saxo, trombón e trompeta habitualmente. O estilo vocal presenta o desgarro do Gospel. As súas letras tratan a problemática racial e a búsqueda do respecto. Destacan 2 tendencias:
- Unha máis fiel ás raices da música negra ou racial (publicada polo selo discográfico Stax)
http://www.youtube.com/watch?v=pOXq_vLCjco&feature=related
- Outra cun son máis suave, máis coidada en arranxos vocais e orquestrais, coreografías, vestimentas... (publicada polo selo discográfico Motown) https://www.youtube.com/watch?v=IC5PL0XImjw
Outra tendencia en Norteamérica será o Folk. Músicos rescatan o country de décadas pasadas. Recuperan ese repertorio tradicional e ás veces adaptan as letras a problemáticas dos tempos que se están a vivir (década 1960') ofreciendo unha visión crítica da guerra, a discriminación racial, os dirixentes políticos... Son cancións sinxelas, con pouca instrumentación e cantadas as veces dun xeito imperfecto ou pouco coidado. Bob Dylan será o seu máximo expoñente https://www.youtube.com/watch?v=1sJs115oHk0
REINO UNIDO
As novas músicas de norteamérica chegan ao Reino Unido (Liverpool p.ex.). Suscitan a creación de novos xéneros.
· Skiffle: Xa na década dos anos 1950' tivo un grande éxito entre os/as adolescentes ingleses de clase obreira un estilo que ten a súa orixe entre músicos afroamericanos en EEUU, baseado no emprego de guitarras baratas e obxectos domésticos reconvertidos a intstrumentos (táboas de lavar, caixas de té, kazoos, peines...). https://www.youtube.com/watch?v=ewNLaBhPRY8
Pero os grandes estilos británicos da década dos 1960' foron:
· Beat (tamén Merseybeat): "Beat" significa pulso. Neste estilo sera básico o carácter forte e enérxico do ritmo de batería. Usará tempos alegres, estribillos pegadizos. Gustan das harmonías vogais e as veces introducen elementos collidos do Doo Woop (uso de sílabas sen sentido, case como se fosen insturmentos). Os acordes usados nas cancións amplíanse respecto aos 3 acordes básicos (I, IV, V. grao) que empregaba o Rock & Roll. The Beatles alcanzaron grande popularidade facendo música "beat" (e moitos outros estilos) https://www.youtube.com/watch?v=ZUbMiHhgdKA . Para máis información clicka aquí (inclúe inicio da carreira dos Beatles)
· Rhythm & Blues británico: Imitan a race music (sobre todo o blues de Chicago). The Rolling Stones nos seus inicios practicaron este estilo. Buscan a sonoridade agresiva, a actitude inconformista do primeiro rock & roll, a voz desgarrada e nasalizada propia dos cantantes afroamericanos... Compóñense algúns dos riffs máis recoñecibles da historia da música Pop. https://www.youtube.com/watch?v=XhFbpUGteMQ
· Mod: (Mod)ern. Estilo musical asociado a unha actitude adolescente inconformista xeralmente de clase media inglesa cunha marcada e moi coidada estética e actitude rebelde. Visten dun xeito elegante e identifícanse cun tipo de moto (Scooter) que se convirten case nun símbolo desta "Tribu urbana". Musicalmente gustan do ritmo enérxico, a distorsión e energía instrumental, as voces nasais desgarradas imitando os referentes afroamericanos do soul. O seu son é máis furioso que o da música beat. Anos despois, xa en 1979, a película “Quadrophenia” ilustra o modo de vida, gustos e música "mod". Un bo exemplo son The Kinks https://youtu.be/-2GmzyeeXnQ
Outro himno xeneracional sería “My generation” do grupo The Who: https://youtu.be /LKurlBlswq8
Para outro exemplo de canción mod que inclúe imaxes típicas da súa estética e modos de vida clicka aquí
Cara ao final dos 1960':
EEUU
Os estilos se diversifican. Xorde o movemento hippy, a "contracultura". Increméntase o consumo de drogas psicodélicas (psico=mente; delos=viaxe).
O éxito das bandas inglesas terá repercusions en EEUU. Os artistas folk, gustarán da nova sonoridade británica e electrificarán o seu estilo naciendo o Folk-rock. https://youtu.be/eiprqeaydik inspirada no clásico country de Pete Seeger: https://youtu.be/RXKJ1jPuaoI
Psicodelia: O rock busca desfacerse da súa inmediatez, da súa brevidade e de seguir un patrón tan "encorsetado". A duración varía (non só os 3 minutos [aprox.] da radiofórmula).
A estrutura vólvese máis complex, non tan ríxidas como ata entón (estrofa / retrouso/ estrofa/ retrouso/ ponte/ retrouso).
A sonoridade explora novas texturas, escalas exóticas (hindúes, árabes...), instrumentos (desde os máis modernos como os sintetizadores, ata os exóticos como táboas hindús ou o sitar). Gusta tamén da improvisación, de desenvolvementos instrumentais moi longos ou moi repetitivos (que tentan levar ao espectador a un estado semellante á hipnose) . Todo isto trata de emular o estado de viaxe psíquico que se experimentaría co consumo de drogas.
Búscanse tamén referentes artísticos extramusicais (na pintura, literatura, cine...). Mira o vídeo de Jefferson Airplane. https://youtu.be/WANNqr-vcx0. Tamén podes ver este outro exemplo de The Doors (The end)
En EEUU está moi vencellado ao movimento hippy (costa oeste). Para ver un vídeo explicativo pincha aquí (ata o minuto 4:00 aprox sería o fundamental)
Underground: Buscan tamén o vangardismo como o fai a psicodelia, pero amosan certo descoido técnico ou amateurismo na súa destreza musical. Se a psicodelia é propia da costa oeste americana, o underground desenvólvese máis na costa este (Nova York) sendo máis urbano nas súas letras e temáticas. Un dos referentes serán The Velvet Underground que estaban moi ligados ao colectivo artístico The Factory (pintura, vídeo, artes escénicas, performance...) liderado polo creador Andy Warhol: https://youtu.be/IZtPZVdynow
Rock sureño: Supón unha volta ás raíces da música popular urbana norteamericana tanto na súa vertente afroamericana (blues) como a de orixe máis europea (country), pero cunha base instrumental máis agresiva e electrificada. Senta as bases do hard rock. https://youtu.be/6GyOgVFDocs
REINO UNIDO
En Reino Unido algunhas bandas e intérpretes buscan unha sonoridades máis cultas, complexas ou elaboradas. Quizáis a procedencia clásica de parte dos músicos que chegan á música pop urbana en Europa fai que se consolide esta tendencia.
· Rock sinfónico / Rock progresivo: O rock adopta orquestracións e estruturas propias da música culta. Os LPs empezan a concebirse non como unha colección de cancións inconexas senón como un conxunto de pezas con algún tipo de continuidade dunhas a outras tanto textual como musicalmente. Imitan o concepto de Suite (conxunto de danzas en música clásica) ou de Sinfonía ou Concerto clásico (obras orquestrais en varios movementos). Ás veces incluso fanse adaptacións de composición clásicas. Un grupo como Jethro Tull ten feito estas adaptacións. https://youtu.be/iWJgJkVL0xM
As composicións presentarán grandes desenvolvimentos instrumentais. É moi común que os músicos amosen o virtuosismo e derroche técnico do que son capaces. Tamén se caracterizarán pola experimentación nos timbres e sonoridades dos instrumentos (uso de sintetizadores). Un grupo representativo será Yes: https://youtu.be/qjvGzxnUDuM
Hard rock: É precursor do heavy metal. Presenta guitarras e voces moi agresivas. Ritmos sólidos e consistentes. Crean posiblemente os riffs máis recoñecibles da historia do rock. Led Zepellin é un dos máis importantes expoñentes. https://www.youtube.com/watch?v=fIQMktyP90s. Outro exemplo de Hard Rock é AC/DC (Highway to hell)
Se queres ampliar ou completar clicka aquí.
DÉCADA 1970': A RAMIFICACION ESTILÍSTICA
Logo de todo o percorrido que a música pop ten experimentado os estilos empezan a diversificarse.
Xeográficamente se difunde en territorios máis alá de EEUU e Reino Unido, adoptando novas características:
·Reggae: En Xamaica xurde un estilo de música moi recoñecible e estreitamente vencellado ao rastafarismo. Unha parte da poboación xamaicana procedía, como xa temos estudado, de África; neste caso, de Etiopía. O rastafarismo sería outra desas espiritualidades sincréticas (froito da fusión de diferentes crenzas) pero cunha forte base xudaica. Porclamaban o panafricanismo, profetizan un retorno a África, e difunden unha mensaxe de bondade e hermandade. Incorporan aos seus ritos relixiosos a marihuana (ganja). Musicalmente a guitarra leva un peculiar ritmo lento, sincopado, que marca claramente os contratempos. O seu máis popular representante foi Bob Marley https://youtu.be/nlk9Sj4Ns2k
·Kraut rock (rock alemán): A corrente que xurde neste país ten unha clara influencia da música electrónica das vangardas da música culta. Emprega novas tecnoloxías con instrumentos electrónicos coma caixas de ritmos e sintetizadores afastándose da tendencia que impuxera até ese momento as orixes da música pop (fundamentalmente guitarras e baixos eléctricos, batería). Incluso as voces son tratadas a través de sintetizadores (vocoder) facéndoas soar robóticas, case deshumanizadas. Un dos grupos máis representativos foi Kraftwerk https://www.youtube.com/watch?v=D_8Pma1vHmw
Outras tendencias o que farán é afondar nas raíces do rock:
· Glam: Os músicos deste estilo tratan de recuperar o carácter festivo, desenfadado, xuvenil do primeiro Rock & roll. As spas actuaciones están creas de teatralidade, alegría, sorpresa, espectacularidade. As vestimentas buscan certo exceso, empregan maquillaxe, en ocasions suxiren certa ambigüidade sexual ou androxinia. Musicalmente as cancións volvente máis simples e breves (como nas orixes do blues e do Rock & roll. Vale como exemplo esta canino de The Sweet https://youtu.be/56URBUpOO-E
· Heavy metal: Fundamentándose no son do Hard rock, sobrealimenta todavía máis o son da guitarra, extrema a agresividad e rasgado das voces e acelera o ritmo das baterías que en ocasiónós adoptan un carácter "cabalgante". Nos letras obsérvase unha tendencia ou gusto polo escuro, medieval, diabólico, satánico... Unha banda destas características sería Iron Iron Maiden https://www.youtube.com/watch?v=X4bgXH3sJ2Q
Outra variedade de música que se impón nesta década e a música de baile:
· Funk: É un estilo de raíz afroamericana continuador do rhythm & blues e o soul pero máis bailable. A orixe da palabra é un pouco incerta. Hai quen cre que é unha palabra procedente da xerga afroamericana para referirse á suor. As bandas de funk conservan a formación propia do Soul (banda de city blues + sección de ventos procedente do jazz). A música emprega riffs (pequeños fragmentos de música repetidos insistentemente) moi rítmicos e enérxicos. James Brown foi un dos seus máis destacados representantes.
· Música disco: As discotecas nestes tempos acaban por convertirse en importantes lugares de lecer e diversóin para a mocidade da época. O gusto polo baile e a música fai que exista todo un estilo ou corrente adicada a crear cancións bailables que toma como punto de partida os ritmos animados do funk. Sen embargo a música disco, elabora máis as composiciónsó no plano instrumental (aporta arranxos orquestrais); cuida máis a estrutura da canción dotándoas de estrofas, estribillos buscando unha conexión cun público máis amplo. Un éxito de discoteca foi "Stayin' alive" de Bee Gees: https://youtu.be/I_izvAbhExY
Música para todos os públicos:
· Mainstream AOR. Mainstream significa en inglés "corrente principal". Podemos considerala "música para maiorías" ou "o que escoita/coñece todo o mundo". Por AOR entendemos Música Orientada a Adultos. Haberá grupos e artistas de décadas pasadas que abandoen certas actitudes máis propias da xuventude,certos excesos propios da enerxía da mocidade e a rebeldía de tempos pasados. Probablemente, o seu público tamén experimentara un cambio similar nos seus gustos musicais. Xurde polo tanto unha corrente que, sen deixar de facer Rock, tenta chegar a un público máis adulto, cunhas preferencias musicais nas que non prima tanto os valores da ruptura xeneracional a disconformidade, etc... Este estilo adopta polo tanto unha sonoridade máis "amable", menos agresiva. https://youtu.be/t4QK8RxCAwo
E a finais da década aparece un movemento rupturista:
· Punk: É unha corrente que non ten unha data clara de nacemento nin sequera un lugar. Parece que tanto en EEUU como en Gran Bretaña xurden do underground manifestacións musicais e culturais protagonizadas por unha xuventude desencantada que se opón a toda a orde establecida con bastante virulencia e descaro. É unha corrente desprofesionalizada, amateur, que non busca rigor. As cancións que compoñen son de gran simpleza. Volven aos 3 acordes básicos do inicio de blues e do rock, embregan unha sonoridade propia do hard rock pero tocan e interpretan con descoido e sen apenas adornos, solos ou lucimento técnico. Propugnan o feísmo e a provocación.
https://youtu.be/DkruBYwJZNw Punk inglés Sex Pistols
https://www.youtube.com/watch?v=TYh1lRR1m6Y Punk americano The Ramones