top of page

A disciplina que estuda e clasifica os instrumentos musicais chámase "organoloxía". Tradicionalmente falábase de 3 familias: vento, corda e percusión. Sen embargo parecía que tal división era un pouco enganosa. 

Cando clasificas un conxunto de cousas facendo grupos debes facelo atendendo sempre a preguntas do mesmo tipo. Tes que preguntar sempre "Que?"; ou sempre "Cando"; ou sempre "Como?"; ou sempre "Onde?"...; e non podes cambiar de pregunta para facer outro grupo nun mesmo nivel de clasificación. Cando os organólogos fixeron a primeira clasificación dos instrumentos non coidaron este aspecto. Fíxate:

Isto foi o que se preguntaron os primeiros organólogos cando crearon o grupo de instrumentos de corda:

 

- Que elemento vibra no instrumento?: Cordas.

Pero para crear o grupo de percusión tiveron que cambiar a fórmula da pregunta, xa que no preguntaron por "Que vibra...?", senón que se preguntaron:

- Como fas vibrar o instrumento?: Percutindo.

Como ves, fixeron "trampa". Para facer unha calsificación coherente non podes cambiar de pregunta. Foi así como ás veces o piano, por exemplo, podería aparecer no grupo de instrumentos de percusión á vez que no de corda xa que, por unha banda, o elemento que vibra no instrumento é unha corda; pero por outra banda, faise vibrar percutíndoa.

 

Posiblemente sexa máis efectivo facer unha clasificación na que se elixa sempre a pregunta: "Que elemento vibra?".

 

Así foi como os organólogos Hornbostel e Sachs crearon en 1914 unha clasificación coas seguintes familias:

 

- MEMBRANÓFONOS          - IDIÓFONOS          - CORDÓFONOS          - AERÓFONOS

 

A estes incoporan posteriormente, en 1940, os ELECTRÓFONOS (que estudaremos en 4º ESO)

Nós imos "combinar" as dúas clasificacións máis coñecidas e consideraremos os Membranófonos e Idiófonos baixo a familia de PERCUSIÓN.

 

Aos que antes chamaban "familia de corda" denominarémolos CORDÓFONOS.

 

E para os da clásica "famiia de vento" usaremos o termo AERÓFONOS.

Aquí os tes. Preme no nome de cada grupo para ver a súa clasificación e ver vídeos explicativos dos diferentes exemplos de instrumentos de cada familia. Preme na versión para imprimir se queres a túa versión en papel. 

- PERCUSIÓN             - CORDÓFONOS             - AERÓFONOS

 

(versión para imprimir)             (versión para imprimir)             (versión para imprimir)

IES de beade

bottom of page